Pesquisar neste blog
07 março, 2013
Sonido Emergente T2 P22
Programa nº 22 o de cuando llega Gudrun Gut y hace una versión del 'Simply de best' de Tina Turner y se queda tan pancha.
En este programa, entre otros:
- The XX - Chained (Coexist, 2012)
- TEED - Your love (Trouble, 2012)
- GRMLN - Depression (Explore EP, 2012)
- Kids of 88 - Komodo (Modern love, 2012)
- La Bien Querida - Arenas movedizas (Ceremonia, 2012)
Para descubrir el resto del programa, pinchad el enlace.
06 março, 2013
NOVAS LOCAIS. Stop Desafiuzamentos, intervén no Pleno do Concello de Ferrol contra Convenio do FSV.
Intervención no Pleno de Ferrol do pasado xoves 28 de febreiro de 2013, do colectivo Stop-Desafiuzamentos ante a proposta de adhesión do Concello de Ferrol ao Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao aluguer. No nome de Stop-desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, interveu Chus Lois Navaza quen entre outras cuestións, manifestou que dita proposta non responde as pretensións do colectivo que representan.
Finalmente a proposta de adhesión do Concello de Ferrol ao convenio para a creación dun fondo de acción social de vivenda foi aprobada cos votos suficientes do PP e o apoio do PSOE. Pola súa banda, EU e BNG votaron en contra.
Esta iniciativa plantexa a utilización de vivendas que agora son propiedade de 12 entidades de Ferrol, para re-utilizar en casos de desafiuzamento, previo pagamento de alugueres que oscilarían entre os 150 e 400 €. A indignación foi a resposta da plataforma Stop Desafiuzamentos, varios de cuxos integrantes lanzaron consignas contra os grupos que votaron a favor da iniciativa, o PP e o PSOE.
Por outra banda, durante a intervención da portavoz de Stop Desafiuzamentos, algúns dos integrantes do grupo de goberno, o dereitista PP, mantiveron unha actitude (especialmente Diego Calvo) que os cualifica por si mesmos (ver video).
Audio nova Rádio FilispiM:
Ir a descargar
STOP DESAFIUZAMENTOS FERROLTERRA no pleno do 28-02-2013 from Susete70 on Vimeo.
Máis info do Colectivo Stop Desafiuzamentos Ferrol en: http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Redacción informativos RFM
NOVAS LOCAIS. Balanzo do Comité Cidadá de Emerxencia da Ría Ferrol, trala visita da Comisión do Parlamento Europeo (6/3/2013).
Manuel Rodríguez Carballeira "Lalán", presidente do Comité Cidadá de Emerxencia da Ría de Ferrol, fai balanzo nos micrófonos de Rádio FilispiM da visita da comisión do Parlamento Europeo a Ría de Ferrol.
Como xa coñecen os nosos ouvintes, a comisión de Peticions del Parlamento Europeo viaxou as rías de Vigo, Ferrol e ol Burgo os pasados 12 e 13 de febreiro para analizar as once denuncias presentadas por diferentes asociacions ciudadás sobre os altos níveis de contaminación que sofre a zona, que poderían vulnerar as leis europeas de protección medioambiental, entre os denunciantes está o Comité Cidadá de Emerxencia da Ría de Ferrol.
Etiquetas:
colectivos sociais,
comité cidadá emerxencia ría ferrol,
Informativos Rádio FilispiM,
Novas,
Novas Locais,
Reganosa
05 março, 2013
O recuncho nº 127

Martes, 5 de marzo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
“O Recuncho” nº 127 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Ana Beceiro e José Ramón Jove para falar do Consello da Veciñanza.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “O Ateneo Ferrolán, hoxe”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Luis de Góngora.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: saxo e trompeta.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040
Assinar:
Comentários (Atom)


