Pesquisar neste blog

22 dezembro, 2012

Música, surf, medio ambiente - Trigésimo cuarto programa 18.12.12



2009. LOS BRASILEÑOS MARCARON EL RITMO
Fue un año repleto de claroscuros. La prueba masculina mantuvo sus 5 estrellas pero, para disgusto de todos, se canceló la femenina. Las olas, por su parte, empezaron bien, pero las previsiones aconsejaron, por primera vez, finalizar la competición el sábado y Gony Zubizarreta, que venía de ganar el 5 estrellas de Zarautz y era el favorito, cayó en semifinales.
Ajenos a todo ello los brasileños impusieron su calidad y coparon la final. Rodrigo Dornelles y William Cardoso se disputaron el título, ganado claramente por el segundo, que inscribía su nombre por segundo año consecutivo en el palmarés del Pantín Classic. Curioso, Brasil a quien le había costado tanto recuperar el título ganado por Joca Junior en 1993, lo retenía ahora gracias a William Cardoso. 

21 dezembro, 2012

Programa do Colectivo OPAII 21/12/12

Despois do programa piloto de "Ponte en Galego" e do seu sobresainte inicio, o Programa do Colectivo volve as andadas ... de novo coa dupla Iago/Cholo, retomámolo  formato informativo, con novas procedentes de ARTABRA21 e PRAZA PÚBLICA. Ademais, celebrámolo dez aniversario das licencias Creative Commons, que como sabedes, permiten unha distribución legal e
 gratuita de material audiovisual.




Ponte en Galego, o novo programa do IES Breamo de Pontedeume

Brillante estrea para esta nova xeración de xornalistas de 14 e 16 anos. Carme Castro falounos sobre o grupo eumés Faltriqueira e entrevistou a Ana Leira, unha das súas compoñentes, na sección Son de aquí. Ainhoa Ruiz e Cristian Pérez Regueira presentáronnos unha nova e pouco coñecida palabra galega nas súa sección Dicionario vivo, dedicada a recuperar léxico esquecido. En Galego nun click Sara Rodríguez deunos consellos para comprar en galego este Nadal. Carlos Mosquera e Antonio Lozano comentáronnos o desenvovemento da Polafía organizada en Pontedeume pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, entrevistaron ao escritor lucense Isidro Novo, faláronnos da organización da cabalgata de Reis en Pontedeume e fixéronlle unha entrevista a Jovita Ayerbe, animadora sociocultural do Concello.


Ouve e descarga o audio

20 dezembro, 2012

O Apalpador visitou aos nenos e nenas do Colexio Rural de Lago-Valdoviño [Dálle que Dálle nas Ondas].

O Apalpador en Rádio FilispiM, coas crianzas do Colexio rural de Lago-Valdoviño.
Edición especial de "DÁLLE  QUE DÁLLE NAS ONDAS" en Rádio FilispiM, Natal 2012

- Un ser aparecido das montañas,  lá no Courel, O Apalpador,  visita aos nenos e nenas do Colexio rural de Lago-Valdoviño. Que sorpresa levaron! ;)

"Dálle que dálle nas ondas" é o programa da Comunidade Educativa do Colexio do CRA Esquío de Lago-Valdoviño [Galiza] en Rádio FilispiM, libre e comunitaria de Ferrrol.

Nota: este audio é un extracto do audio completo desta edición de "Dálle que Dálle nas Ondas", xusto cando se aparece no estudio da FilispiM o Apalpador!

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails