Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

21 dezembro, 2012

Ponte en Galego, o novo programa do IES Breamo de Pontedeume

Brillante estrea para esta nova xeración de xornalistas de 14 e 16 anos. Carme Castro falounos sobre o grupo eumés Faltriqueira e entrevistou a Ana Leira, unha das súas compoñentes, na sección Son de aquí. Ainhoa Ruiz e Cristian Pérez Regueira presentáronnos unha nova e pouco coñecida palabra galega nas súa sección Dicionario vivo, dedicada a recuperar léxico esquecido. En Galego nun click Sara Rodríguez deunos consellos para comprar en galego este Nadal. Carlos Mosquera e Antonio Lozano comentáronnos o desenvovemento da Polafía organizada en Pontedeume pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, entrevistaron ao escritor lucense Isidro Novo, faláronnos da organización da cabalgata de Reis en Pontedeume e fixéronlle unha entrevista a Jovita Ayerbe, animadora sociocultural do Concello.


Ouve e descarga o audio

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails