Pesquisar neste blog

25 outubro, 2012

DIVERTIMENTO - Medios de Comunicación e Sociedade [organizada polo Ateneo Ferrolán - 24/10/2012]

O Ateneo Ferrolán organizou o pasado mércores 24 de outubro de 2012 na galería  Sargadelos de Ferrol, unha tertulia verbo do "futuro do xornalismo" que contou coa participación do director de Diario de Ferrol, Carlos Miragaya; a directora de COPE Ferrol, Julia Díaz, e o locutor André C. Pastor, como integrante do movimento de radios libres e comunitarias. O  acto foi presentado polo presidente do Ateneo, Ramón Veloso, quen destacou os grandes cambios tecnolóxicos, laborais e de cualidade que o xornalismo está a vivir nos últimos anos. 

A tertulia foi interesenta, canto que posibilitou pór de manifesto en condicións de igualdade coas voces dos mass media, no marco dun foro convencional, a realidade dos medios libres e comunitarios no mundo i en particular na nosa comarca.

A gravación do audio foi realizada polo programa DIVERTIMENTO para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], libre e comunitaria de Ferrol], que vos oferecemos hoxe en formato de programa especial.



Imaxe, de esquerda a dereita: Carlos Miragalla [director de Diario de Ferrol], Ramón Veloso [Presidente do Ateneo Ferrolán], André C. Pastor [Movimento de RR.LL e Comunitarias] e Julia Díaz [Directora de COPE - Ferrol].

23 outubro, 2012

80 Vinilos/h - programa 41

Portada primeiro recompilatorio de MR [1982]
Edición nº 41 de 80 Vinilos/h, a música estatal dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM

Especial selo independiente estatal MR, creado por Paco Martín e Julian Ruiz nos primeiros anos 80s. Escoitamos unha selección de pezas dos seus tres primeiros míticos vinilos recompilatorios:

MAQUETAS [MR, 1982] 
- Los Modelos [Las gafas negras].
- Los Pistones [Los Ramones].
- Los Elegantes [Me debo marchar].
- Aviador DRO [No tengo boca].
- El Último Sueño [El fugitivo].

4473910 [MR, 1983] 
- Los Pistones [Nadie].
- V2 Berlín [Marquee Moon].
- Farenheit 451 [Ojos a tu alrededor].
- Desiertos [El elixir].
- Luna [Es un sueño].

I LOVE MR [MR, 1983] 

- Luna [Me quiero marchar].
- Estación Victoria [Octubre rojo].

Selección musical, locución e mandos técnicos: Pequeno Monstro.

+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta: "serie 80 Vinilos/h"].


17 outubro, 2012

O Recuncho nº 117

Por problemas técnicos soamente se escoitan uns minutos da emisión.

Martes, 16 de outubro de 2012, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
“O Recuncho” nº 117, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Marcos Abad, do Sindicato de Estudiantes, para falar das mobilizacións no Ensino.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Cultura burguesa e cultura popular”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Pablo Neruda
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados,
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

16 outubro, 2012

DIVERTIMENTO para pequenos monstros emitirá en diferido o debate electoral organizado polo Ateneo Ferrolán.

O debate electoral, organizado polo Ateneo Ferrolán, será o mércores 17 de outubro as 11:00 h. na Galería Sargadelos, R/ Rubalcava, 30-3, debido as obras de rehabilitación da sede da entidade, fechada dende xuño de 2010.

Asistirán:

- Miguel Tellado, PP
- Pendente de confirmar, CxG
- Fernando Blanco, BNG
- Beatriz Sestayo, PSdG-PSOE
- Yolanda Díaz, Alternativa Galega de Esquerda

Modera: Raúl Salgado (Xornalista).

A entrada é libre e gratuíta.

O debate será retransmitido en diferido no programa de radio Divertimento para Pequenos Monstros, ao día seguinte, xoves a partir das 18:00 h. en Rádio FilispiM, no 93.9 da FM.


SUSPENDIDA A EMISIÓN POR PROBLEMAS TÉCNICOS 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails