Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

25 outubro, 2012

DIVERTIMENTO - Medios de Comunicación e Sociedade [organizada polo Ateneo Ferrolán - 24/10/2012]

O Ateneo Ferrolán organizou o pasado mércores 24 de outubro de 2012 na galería  Sargadelos de Ferrol, unha tertulia verbo do "futuro do xornalismo" que contou coa participación do director de Diario de Ferrol, Carlos Miragaya; a directora de COPE Ferrol, Julia Díaz, e o locutor André C. Pastor, como integrante do movimento de radios libres e comunitarias. O  acto foi presentado polo presidente do Ateneo, Ramón Veloso, quen destacou os grandes cambios tecnolóxicos, laborais e de cualidade que o xornalismo está a vivir nos últimos anos. 

A tertulia foi interesenta, canto que posibilitou pór de manifesto en condicións de igualdade coas voces dos mass media, no marco dun foro convencional, a realidade dos medios libres e comunitarios no mundo i en particular na nosa comarca.

A gravación do audio foi realizada polo programa DIVERTIMENTO para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], libre e comunitaria de Ferrol], que vos oferecemos hoxe en formato de programa especial.



Imaxe, de esquerda a dereita: Carlos Miragalla [director de Diario de Ferrol], Ramón Veloso [Presidente do Ateneo Ferrolán], André C. Pastor [Movimento de RR.LL e Comunitarias] e Julia Díaz [Directora de COPE - Ferrol].

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails