Pesquisar neste blog

24 maio, 2012

Lenha Dura 32p2t

Desfrutade coma nunca do metal e do misterio espacial, Leña Dura rompendo fronteiras no tempo e no espazo, escoita aqui!!




23 maio, 2012

OFF MENTAL [outras músicas] - programa 28

Programa Nº 28 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.

OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

Neste programa:
- OREGON - North Star [Music of Another Present Era. Vanguard, 1972].
- OREGON - Naiads [Music of Another Present Era. Vanguard, 1972].
- OREGON - Shard [Music of Another Present Era. Vanguard, 1972].
- OREGON - Fond Libre [Winter Light. Vanguard, 1974].
- OREGON - Rain Maker [Winter Light. Vanguard, 1974].
- PAUL WINTER CONSORT - Icarus [Icarus. Epic, 1972 - Living Music, 1984].
- PAUL WINTER CONSORT - The Silence of a Candle [Icarus. Epic, 1972 - Living Music, 1984].
- PAUL WINTER CONSORT - Whole Earth Chant [Icarus. Epic, 1972 - Living Music, 1984].
- PAUL WINTER CONSORT - All the mornigns bring [Icarus. Epic, 1972 - Living Music, 1984].
- PAUL WINTER CONSORT - Sunwheel [Icarus. Epic, 1972 - Living Music, 1984].

 

Imaxe: portada do álbum Icarus [1972] do Paul Winter Consort.
Offmentalizate! na nosa páxina en facebook.

22 maio, 2012

Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM. A nosa história facémola nós [Cap. 1]

O COLECTIVO OPAÍÍ! – Rádio FilispiM.  A nosa história facémola nós. Capítulo 1º


"O proxecto de creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol e bisbarra, remóntase ao mes de novembro do ano 2003, cando por iniciativa dalgúns afeccioados á comunicación e á radio en particular, algúns procedentes da desparecida radio universitaria de Serantes [Radio Kaos], se organizan as primeiras Asembleas donde se analisa a viabilidade e características dun proxecto deste tipo na nosa comarca.

Así, se compila información de experiencias similares noutros lugares de Galiza, Estado e resto do mundo e se chama á participación, de persoas involucradas en diversas iniciativas e colectivos da comarca [ou mesmo a título persoal], a unha primeira Asemblea que se celebrou o 20 de novembro de 2003, no Manchita..

Unha cea vegana, algunha sesión de música, unha “resucitadora” festa de defuntos, farían do “Manchita” o escenario para comezar a divulgar a proposta e recadar os primeiros fondos para a adquisición das equipas técnicas. Sen esquecer a primeira edición do “Conspirando por unha radio libre”, o 8 de abril de 2004, xoves “santo”, que supuso o espaldarazo definitivo á iniciativa  e da que vos falaremos noutros capítulos.

Outros locais de colectivos que acolleron as primeiras Asembleas do incipinte Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, foron: a Fundaçom Artábria [daquela na rúa Madalena] ou, mesmo, o Clube de Montaña de Ferrol en Canido.

Co fin de consolidar a iniciativa, apresentouse públicamente a proposta o 28 de novembro de 2003, nunha Asemblea aberta no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. A importancia desta convocatoria é determinante na historia do colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM. Moitas das persoas que acudiron a ela se integraron no proxecto, o que fixo do Colectivo un grupo aínda máis heteroxéneo, que validara a pretensión de crear unha radio libre e comunitaria na nosa bisbarra.

Daquela, se comezou a traballar en Comisións coordinadas, co fin de abordar as diferentes frontes: organización, divulgación, técnica ou financiamento. O Ateneo pasou a ser  base de operacións daquela Conspiranción nas ondas trasanquesas, acolléndonos con con agarimo e complicidade e convertíndose primeiro, na sede social do Colectivo, e despois no lugar donde se ubicaría o primeiro estudio de Rádio FilispiM, o lembrado “metro cadrado”, polas súas axustadas dimensións.

As emisións en probas de Rádio FilispiM, comezaron no mes de agosto de 2005, pero iso é outra historia que vos contaremos outro día..."

O COLECTIVO OPAÍÍ! – Rádio FilispiM.  A nosa história facémola nós. Fin do Capítulo 1


Unha produzón das persoas participantes no Curso de Técnicas de Radio-difusión básicas de Rádio FilispiM [11/06/2012]. 

Crónica: Pequeno Monstro.
Locución: Miguel R., Sabela, Patricia, Fran, Javier M., Xaime e Pequeno Monstro.



Imaxes: antiguo estudio de Rádio FilispiM [o "Metro Cadrado"], no vello Ateneo Ferrolán [Rúa Madalena, 202] + cartaz dun dos primeiros actos do Colectivo Opaíí!, unha Festa Resucitadora de Defuntos.

20 maio, 2012

Programa do Colectivo OPAII 18/05/2012

Desta vez estamos Pablo Melaski, Iago Montes, Javier Malespina, Xavi Cartelle e Jaime Caneiro; compartindo entre todos novas, opinións e música, como acostumamos facer neste espazo.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails