Hai de todo nesta mochila da tralla , se es unha persoa metálica isto é o que te vai pór as pilas. Speed metal, trash, black, o mque queiras. Leña Dura trascendendo as fronteiras do metal
Pesquisar neste blog
01 março, 2012
29 fevereiro, 2012
OFF MENTAL [outras músicas] programa 18
Programa Nº 18 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
Neste programa:
- ALAIN MARKUSFELD - It´s raining on the third mill [Contemporus, 1979]- ALAIN MARKUSFELD - Oasis under the stars [Contemporus, 1979]
- HANS-JOACHIM ROEDELIUS - Im fruhtan [Momenti Felici, 1978]
- HANS-JOACHIM ROEDELIUS - Anima mundi [Momenti Felici, 1978]
- ROGER ENO - The silent hours [Between Tides, 1989]
- ROGER ENO - Dust at dawns [Between Tides, 1989]
- ROGER ENO - One gull [Between Tides, 1989]
- ROGER ENO - Field of gold [Between Tides, 1989]
- ROGER ENO - Prelude for St. Joan [Between Tides, 1989]
- ROGER ENO - Between tides [Between Tides, 1989]
Imaxe: portada do album Between Tides [1989] de Roger Eno.
O Recuncho nº 85
Martes, 28 de febreiro de 2012, de 17,30 a 18,30 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg
“O Recuncho” nº 85 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitad no estudio: Rafael Pillado, para falar da, presentación das súas Memorias Colectivas.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “El Havre ” de Aki Kaurismäki.
“Os libros recomendados” de Víctor G. Novás.
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Rosalía de Castro
Novas e comunicados: Mobilización sindical europea do 29 de febreiro. Presentación en Vadoviño de Razón Socialista nº 31, e a documental “ISAAC” de Xosé Abad, Teatro radiofónico: “La Guerra de los Mundos 2012”
Música:
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040
27 fevereiro, 2012
Feche dos empregados públicos no edificio da Xunta de Galiza en Ferrol.
Luns, 27/02/2012, 14:05 h. salón de Actos do edificio administrativo da Xunta en Ferrol: Rafa [un dos delegados de persoal da Xunta de Galiza] expón, no inicio da Asemblea Permanente dos empregados públicos da Comarca de Ferrol, un posíbel feche do persoal dende o fin da xornada laboral, 15:15 h. até as 08:00 am do día seguinte [martes 28/02/2012], coincidindo coa partida a Compostela á manifestación-concentración en protesto pola intención de aprobar ese día, no Parlamento Autonómico, as medidas en contra do persoal e cualidade dos Servizos Públicos da Xunta de Galiza.
Ir a descargar
Luns, 27/02/2012, 14:30 h. o nutrido grupo de empregados públicos presentes na Asemblea Permanente, deciden xunto aos delegados sindicais [CIG, CC.OO, UGT e CSIF] prolongar a Asemblea até que sexa necesario [encerro] e subir en masa a sexta pranta do edificio para descolgar unha grande faixa vertical de 10 metros co lema "Non aos recortes".
Ir a descargar
Informou, o Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, 93.9 FM]
Imaxe: CIG Admón.
Assinar:
Comentários (Atom)

