Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

27 fevereiro, 2012

Feche dos empregados públicos no edificio da Xunta de Galiza en Ferrol.


Luns, 27/02/2012, 14:05 h. salón de Actos do edificio administrativo da Xunta en Ferrol: Rafa [un dos delegados de persoal da Xunta de Galiza] expón, no inicio da Asemblea Permanente dos empregados públicos da Comarca de Ferrol, un posíbel feche do persoal dende o fin da xornada laboral, 15:15 h. até  as 08:00 am do día seguinte [martes 28/02/2012], coincidindo coa partida a Compostela á manifestación-concentración en protesto pola intención de aprobar ese día, no Parlamento Autonómico, as medidas en contra do persoal e cualidade dos Servizos Públicos da Xunta de Galiza.

Ir a descargar

Luns, 27/02/2012, 14:30 h. o nutrido grupo de empregados públicos presentes na Asemblea Permanente, deciden xunto aos delegados sindicais [CIG, CC.OO, UGT e CSIF] prolongar a Asemblea até que sexa necesario [encerro] e subir en masa a sexta pranta do edificio para descolgar unha grande faixa vertical de 10 metros co lema "Non aos recortes".

Ir a descargar

Informou, o Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, 93.9 FM]
Imaxe: CIG Admón.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails