Pesquisar neste blog
23 dezembro, 2011
Programa do Colectivo 16/12/2011
Abel, Carlos, Cholo, Iago e Xaime vos acompañamos na nosa escalada cotiá de novas; ás veces enfrascándonos en interesantes debates. Presentamos ademáis o acto de solidariedade co Comité Antisida LAZOS. Éste é o programa do Colectivo OPAII (Ondas para a activación da información independente).
DIVERTIMENTO - Institucións galegas Vs lingua galega + Comercio Xusto + Radio Kras [Xixón] + Novas
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Contiúdos:
- PERVERSIÓNS DEMOCRÁTICAS [Cap.2]: Institucións galegas Vs lingua galega. Manifestación "Queremos Galego". Manifesto apoio uso da nosa lingua propia nos medios de comunicación.
- COMERCIO XUSTO, unha aternativa resposábel de consumo. Conexión coa Feira de Comercio Xusto no Cantón [Ferrol].
- RADIO KRAS [Xixón], outra radio libre asturiana ameazada polas Institucións. Entrevista a integrante da súa Asembleia.
- NOVAS:
1. Concentración en Compostela contra o desaloxo da Sala Iago.
2. Centro Social Okupado do Bairro do Cura, Vigo.
3. XII Marcha a prisión de Teixeiro.
- AXENDA de concertos.
Audio programa completo:
Ir a descargar
Audio conexión Feira Comercio Xusto, Cantón-Ferrol:
Ir a descargar
Audio entrevista integrante Radio Kras [Xixón]:
Ir a descargar
Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.
22 dezembro, 2011
Programa Especial do Acto de Solidariedade con LAZOS do 12/12/2011
Revisión radiofónica deste acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE, presentado polos compañeiros Miguel Castro e Susana Alaniz.
Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.
Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.
Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebramos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dimos a coñecer todas estas realidades e unimos vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.
Interviu: Carlos Varela Fernández [Pte.LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol], actuou Manolo Bacallau, houbo micro aberto e entrevistas.
Argallaron, organizaron, apoiaron e colaboraron:
A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade
http://comitelazos.blogspot.com/
Audio do programa especial deste acto de solidariedade:
Audio cunha elaborada por Rádio FilispiM:
Descargar
Assinar:
Comentários (Atom)


