Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

22 dezembro, 2011

Programa Especial do Acto de Solidariedade con LAZOS do 12/12/2011


Revisión radiofónica deste acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE, presentado polos compañeiros Miguel Castro e Susana Alaniz.

Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebramos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dimos a coñecer todas estas realidades e unimos vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.

Isto aconteceu o sábado 17 de decembro de 2011. Tivemos música, poesía, petiscos, callos solidarios ...

Interviu: Carlos Varela Fernández [Pte.LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol], actuou Manolo Bacallau, houbo micro aberto e entrevistas.

Argallaron, organizaron, apoiaron e colaboraron:


A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade

comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/

Audio do programa especial deste acto de solidariedade:



Audio cunha elaborada por Rádio FilispiM: 


Descargar

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails