Homenaje a Susana Alaníz con la presencia en el estudio del Prof. José Torregrosa, Prof. Miguel Castro, Carlos Varela (Presidente de Asociación Lazos Pro Solidariedade) , Victor Novás (Pintor) y la Docente María Martinez Vilariiño y Javier Malespina(Amigo, Uruguayo y compañero de Radio FilispiM).
Abel, Carlos, Cholo, Iago e Xaime vos acompañamos na nosa escalada cotiá de novas; ás veces enfrascándonos en interesantes debates. Presentamos ademáis o acto de solidariedade co Comité Antisid...a LAZOS. Éste é o programa do Colectivo OPAII (Ondas para a activación da información independente).
- PERVERSIÓNS DEMOCRÁTICAS [Cap.2]: Institucións galegas Vs lingua galega. Manifestación "Queremos Galego". Manifesto apoio uso da nosa lingua propia nos medios de comunicación.
- COMERCIO XUSTO, unha aternativa resposábel de consumo. Conexión coa Feira de Comercio Xusto no Cantón [Ferrol].
- RADIO KRAS [Xixón], outra radio libre asturiana ameazada polas Institucións. Entrevista a integrante da súa Asembleia.
- NOVAS: 1. Concentración en Compostela contra o desaloxo da Sala Iago. 2. Centro Social Okupado do Bairro do Cura, Vigo. 3. XII Marcha a prisión de Teixeiro.
Revisión radiofónica deste acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE, presentado polos compañeiros Miguel Castro e Susana Alaniz.
Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.
Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.
Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebramos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dimos a coñecer todas estas realidades e unimos vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.
Isto aconteceu o sábado 17 de decembro de 2011. Tivemos música, poesía, petiscos, callos solidarios ...
Interviu: Carlos Varela Fernández [Pte.LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol], actuou Manolo Bacallau, houbo micro aberto e entrevistas.
Argallaron, organizaron, apoiaron e colaboraron:
A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade