Pesquisar neste blog
21 novembro, 2011
Programa do Colectivo OPAII 18-11-2011
Descargar o audio
20 novembro, 2011
Sin Fronteras 2T 49P.
-Visita de José Mujica a México.
-Aumento de jubilaciones y pensiones.
-Mercado Modelo.
-45 trabajadores despedidos de la Planta de elaboración de Philip Morris.
ARGENTINA
-Aeropuerto de Eseiza y Aeroparque sin vuelos por huelga de controladores.
-(Audio)Declaraciones de Mariano Recalde (Presidente de Aerolineas Argentinas.
BRASIL
-Por primera vez en Brasil se le dá la residencia a una persona a través de un matrimonio con alguien del mismo sexo.
BOLIVIA
-9 indígenas elegidos magistrados por voto popular.
-Derrame de petróleo perteneciente a Chevron en las costas de Rio de Janeiro.
CHILE
-Los Universitarios siguen con la lucha.
-Conflicto por el cobre, negocios turbios entre CODELCO y ANGLO AMERICAN.
COLOMBIA
-Los Estudiantes Universitarios Colombianos también se casan del sistema Elitista.
MÉXICO
-Cae Lider de Cartel "Los Caballeros Templarios".
PERÚ
-El Gobierno entrega restos óseos de 9 campesinos asesinados por grupo militar "Colina" en 1992.
Miguel Fernández del Foro Galego de Inmigración nos cuenta el hoy de los migrantes, la situación sanitaria, laboral, xenofobia, discriminación, etc...
Descargar o audio
18 novembro, 2011
DIVERTIMENTO - X Xornadas Libertarias [Prado Esteban Diezma] + Novas radios libres / Acampada Ferrol + Enquisa a pé de rúa + Lembrando a Radio Kaos
CONTIDOS:
- Novas: Acampada Ferrol volve a Praza este venres + sancións teleco a radio QK [Ovieu] + Sanción SGAE a Rádio Pica [BCN]
- Enquisa a pé de rúa: de cara ao 20-N: "Azul, vermello, branco ou negro?"
- Radio Kaos [Ferrol]. Lembranza a radio universitaria "liquidada". No estudio Pepe Luis Díaz, "Koordinator".
- Axenda cultural Divertimento.
Divertimento e @s monstros estamos no Facebook.
As emisoras comunitarias Radio Sele e Radio QK [Ovieu-Asturies] acosadas por Telecomunicacións.
María Arce/ Redacción Diagonal Asturies [Luns 14 de novembro de 2011].O pasado 25 de outubro de 2011 a única emisora de radio con toda a súa programación en asturianu, Radio Sele, se veu obrigada a interromper a súa emisión analóxica a través do 106.1 FM ao ter que retirar a súa antena. A causa? A Xefatura de Telecomunicacións de Asturias considera que é ilegal e ameaza á comunidade de veciños do edificio portador da antena cunha multa de ata 500.000 €.
Idéntica estratexia foi utilizada por Jose Antonio Díez Menéndez, novo director de Telecomunicacións, contra Radio QK, 107.3 FM radio comunitaria que leva 28 anos emitindo en Uviéu. Neste caso, na misiva recibida o 9 de novembro, instábase a comunidade de veciños a identificar o dono da antena no prazo de dez días. De non ser así, pasaría esta comunidade a ser responsable e a enfrontarse á consabida penalización que pode chegar a alcanzar o medio millón de euros. O colectivo de Radio QK, pertencente ao Club Cultural de Oviedo, non dubidou en identificarse como propietario da antena exonerando así a comunidade veciñal de calquera responsabilidade. Radio QK continúa normalmente as súas emisións xa que consideran que, en todo caso, se encontran nunha situación de "alegalidad" e non de ilegalidade.
Hai que resaltar que en ningún dos dous casos as autoridades se dirixiron directamente aos colectivos que xestionan as emisoras, senón que utilizou a estratexia de ameazar a comunidades de veciños con multas desproporcionadas tanto para a suposta falta coma para o presuposto dunha comunidade de propietarios. Esta estratexia non é nova. Xa foi utilizada contra a Radio ELO, raio libre de Orcasitas (Madrid) provocando o seu peche en 2008.
As radios comunitarias funcionan de xeito horizontal, as decisións son tomadas mediante asemblea, non teñen ánimo de lucro e son un referente da liberdade de expresión da cidadanía.
Radio QK incluirá, a partir de agora, na súa emisión os programas de Radio Sele sempre que non coincidan en horario cos propios. Ademais, ambas as dúas emisoras continúan coa súa programación completa en internet: www.radiosele.net, www.radioqk.org.
O colectivo editor de Diagonal Asturies solidarízase coas emisoras Radio Sele e Radio QK e maniféstase en contra de calquera acción represiva cara aos medios de comunicación alternativos considerando que a liberdade de expresión é un valor social irrenunciable. NON AO PECHE DE RADIOS COMUNITARIAS!
Nota redacción RFM: As Jefaturas Provinciales de Telecomunicaciones dependen da Dirección General de Telecomunicaciones, que a súa vez depende do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio do Goberno de España, con mandato do PSOE [18/11/2011]

