Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

18 novembro, 2011

As emisoras comunitarias Radio Sele e Radio QK [Ovieu-Asturies] acosadas por Telecomunicacións.

María Arce/ Redacción Diagonal Asturies [Luns 14 de novembro de 2011].

O pasado 25 de outubro de 2011 a única emisora de radio con toda a súa programación en asturianu, Radio Sele, se veu obrigada a interromper a súa emisión analóxica a través do 106.1 FM ao ter que retirar a súa antena. A causa? A Xefatura de Telecomunicacións de Asturias considera que é ilegal e ameaza á comunidade de veciños do edificio portador da antena cunha multa de ata 500.000 €.


Idéntica estratexia foi utilizada por Jose Antonio Díez Menéndez, novo director de Telecomunicacións, contra Radio QK, 107.3 FM radio comunitaria que leva 28 anos emitindo en Uviéu. Neste caso, na misiva recibida o 9 de novembro, instábase a comunidade de veciños a identificar o dono da antena no prazo de dez días. De non ser así, pasaría esta comunidade a ser responsable e a enfrontarse á consabida penalización que pode chegar a alcanzar o medio millón de euros. O colectivo de Radio QK, pertencente ao Club Cultural de Oviedo, non dubidou en identificarse como propietario da antena exonerando así a comunidade veciñal de calquera responsabilidade. Radio QK continúa normalmente as súas emisións xa que consideran que, en todo caso, se encontran nunha situación de "alegalidad" e non de ilegalidade.

Hai que resaltar que en ningún dos dous casos as autoridades se dirixiron directamente aos colectivos que xestionan as emisoras, senón que utilizou a estratexia de ameazar a comunidades de veciños con multas desproporcionadas tanto para a suposta falta coma para o presuposto dunha comunidade de propietarios. Esta estratexia non é nova. Xa foi utilizada contra a Radio ELO, raio libre de Orcasitas (Madrid) provocando o seu peche en 2008.

As radios comunitarias funcionan de xeito horizontal, as decisións son tomadas mediante asemblea, non teñen ánimo de lucro e son un referente da liberdade de expresión da cidadanía.

Radio QK incluirá, a partir de agora, na súa emisión os programas de Radio Sele sempre que non coincidan en horario cos propios. Ademais, ambas as dúas emisoras continúan coa súa programación completa en internet: www.radiosele.net, www.radioqk.org.

O colectivo editor de Diagonal Asturies solidarízase coas emisoras Radio Sele e Radio QK e maniféstase en contra de calquera acción represiva cara aos medios de comunicación alternativos considerando que a liberdade de expresión é un valor social irrenunciable. NON AO PECHE DE RADIOS COMUNITARIAS!

Nota redacción RFM: As Jefaturas Provinciales de Telecomunicaciones dependen da Dirección General de Telecomunicaciones, que a súa vez depende do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio do Goberno de España, con mandato do PSOE [18/11/2011]

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails