Pesquisar neste blog

23 setembro, 2011

Divertimento - Entrevista a Suso, Foro Social Ferrolterra + Merce, Acampada Ferrol [Plataforma Afectados Hipotecas]

Este xoves 22 de setembro de 2011 as 18:30 h. en Rádio FilispiM, comezou unha nova tempada de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

Neste programa:
- Suso un dos organizadores do Foro Social de Ferrolterra que se celebrará este 23, 24 e 25 de setembro no Campus Universitario de Esteiro [Ferrol].

- Merce, integrante do colectivo Acampada Ferrol e unha das organizadoras da Manifestación polo Dereito a Vivenda Digna [Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas] que partirá o domingo 25 de setembro da Porta Nova [Ferrol] e doutras moitas cidades do Estado.

Unha das novidades máis salientábeis de Divertimento na grella 2011/2012 é a re-incorporación á equipa de Blen Santiago [Ana Lucecú], quen formou parte dos "monstros" cando o espazo emitiase pola Radio Fene e mesmo na desaparecida Radio Kaos de Ferrol, hai desto xa moitos anos.

Esté é o podcast do Divertimento:


Descargar o audio

21 setembro, 2011

O Recuncho nº 64

Martes, 20 de setembro 2011, O Recuncho nº 64, programa semanal da A.C. Fuco Buxán.
Cos seguintes contidos:

Foro Social de Ferrolterra: No estudo, Inacio M. Orero para falarnos deste evento.
Espazo de poesía e O espertar da razón: Tomás Barros, poeta, dramaturgo e pintor ferrolán.
Os libros : de Víctor G. Novás
Música e Novas de actualidade.

Todos os programas en : http://recunchofuco.blogspot.com
Telefº directo: 981371040 – e-mail: opafuco@gmail.com


Descargar o audio

Conferencia de Prensa do Foro Social de Ferrolterra.


O Mércores 21 de Setembro de 2011 ás 12:00 h. no Concello de Ferrol, tivo lugar a conferencia de prensa do Foro Social de Ferrolterra.

Falaron das actividades do Foro:
  • Bárbara Primo (Marcha Mundial das Mulleres).
  • Susana Alaníz (Inmigración-Fuco Buxán).
Foro Social de Ferrolterra, participación aberta. Información, Adesións e Inscripción previa en: www.forosocialdeferrolterra.blogspot.com


Descargar o audio

Divertimento para pequenos monstros. Volvemos máis.

Este xoves 22 de setembro de 2011 as 18:30 h. en Rádio FilispiM, comeza unha nova tempada de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

Neste programa contaremos coa presenza de Suso un dos organizadores do Foro Social de Ferrolterra que se celebrará este 23, 24 e 25 de setembro no Campus Universitario de Esteiro [Ferrol]. Ademáis achegarase ao estudio Martinha, integrante do colectivo Acampada Ferrol e unha das organizadoras da Manifestación polo Dereito a Vivenda Digna [Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas] que partirá o domingo 25 de setembro da Porta Nova [Ferrol] e de outras moitas cidades do Estado.

Unha das novidades máis salientábeis de Divertimento na grella 2011/2012 é a re-incorporación á equipa de Blen Santiago [Ana Lucecú], quen formou parte dos "monstros" cando o espazo emitiase pola Radio Fene e mesmo na desaparecida Radio Kaos de Ferrol, de todo isto hai xa moitos, moitos anos... Como non podía ser menos, estamos encantados de ter a Blen Santiago de novo con nós... e con vós.

Oímonos este xoves, a partir das 18:30 horas, en Rádio FilispiM, 93.9 FM. Se non podes sintonizarnos, fáino ao través da emisión en streaming [reprodutor parte superior dereita deste blogue].

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails