Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

21 setembro, 2011

Divertimento para pequenos monstros. Volvemos máis.

Este xoves 22 de setembro de 2011 as 18:30 h. en Rádio FilispiM, comeza unha nova tempada de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.

Neste programa contaremos coa presenza de Suso un dos organizadores do Foro Social de Ferrolterra que se celebrará este 23, 24 e 25 de setembro no Campus Universitario de Esteiro [Ferrol]. Ademáis achegarase ao estudio Martinha, integrante do colectivo Acampada Ferrol e unha das organizadoras da Manifestación polo Dereito a Vivenda Digna [Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas] que partirá o domingo 25 de setembro da Porta Nova [Ferrol] e de outras moitas cidades do Estado.

Unha das novidades máis salientábeis de Divertimento na grella 2011/2012 é a re-incorporación á equipa de Blen Santiago [Ana Lucecú], quen formou parte dos "monstros" cando o espazo emitiase pola Radio Fene e mesmo na desaparecida Radio Kaos de Ferrol, de todo isto hai xa moitos, moitos anos... Como non podía ser menos, estamos encantados de ter a Blen Santiago de novo con nós... e con vós.

Oímonos este xoves, a partir das 18:30 horas, en Rádio FilispiM, 93.9 FM. Se non podes sintonizarnos, fáino ao través da emisión en streaming [reprodutor parte superior dereita deste blogue].

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails