Pesquisar neste blog

15 julho, 2011

Divertimento - Novas sobre @s Indignad@s Ferrol + XI Festival da Terra e da Lingua [Fundaçom Artábria]

Edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], apresentada e conducida polo Pequeno Monstro.

Neste programa:
  •  Conversa con Martinha do colectivo Acampada/Indignad@s Ferrol, quen nos falou das actividades deste colectivo logo do "levantamento" da Acampada na Praza 15 de Maio de Ferrol;  dentre delas as xornadas polo "Dereito a unha vivenda digna" [experiencias de okupación Berlín-Caranza], charla-debate cuxo audio vos ofereceremos neste mesmo blogue en vindeiras entradas.
  •  Entrevista a Xaquim e Monse integrantes da asemblea da Fundaçom Artábria de Ferrol, que esta fin de semana celebra o XI Festival da Terra e da Língua, no Moinho de Pedroso [Narom]. Falamos da atualidade desta consolidada Asociación da nosa comarca así como do programa do Festival e ouvimos música dos grupos participantes nas xornada do venres [sexta feira] 15 e sábado 16 de xullo.
Rádio FilispiM, participará [previo convite da Fudaçom] na charla-debate sobre os medios de información [e contrainfo] xunto a profesionais de Galizacontrainfo, Novas de Galiza e Diário Liberdade. Vai ser este sábado a partir das 19:00 h. no propio recinto do Festival. Máis información en: http://www.artabria.net/



Descargar o audio

14 julho, 2011

Leña Dura D.F. 27


Rematamos a tempada, para elo, Raúl se adica a pinchar coma sempre, Alberto trae preparada
unha interesante recopilación, e Iago nos trae un temazo que vale por tres. Ah! Tamén
tivémola visita de Jacinto Duraleña, o poeta da leña, voltamos en setembro, desfrutade
o que queda de verán!


Descargar o audio

O Recuncho nº 55

















Martes, 12 de xullo, Emisión nº 55 de O Recuncho, o programa radiofónico da A.C. Fuco Buxán
cos seguintes contidos:
Entrevista no estudio a Irene Sabaté, profesora da Universidade de Barcelona.
tema: “A formación reglada e o traballo industrial”.
José Torregrosa, no seu espazao “O espertar da razón” falará do Códice Calixtino e da Ópera de tres reás.
Victor Novás traerá novidades editoriales e de documentais.
As noticias breves de Fuco Buxán.
O apartado de poesía, de Lorena Calaza, oferta poemas da poeta asturiana Olvido García Valdés.
Escoitaremos a voz e a música de Violeta Parra.



Descargar o audio




Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails