Pesquisar neste blog

14 julho, 2011

Leña Dura D.F. 27


Rematamos a tempada, para elo, Raúl se adica a pinchar coma sempre, Alberto trae preparada
unha interesante recopilación, e Iago nos trae un temazo que vale por tres. Ah! Tamén
tivémola visita de Jacinto Duraleña, o poeta da leña, voltamos en setembro, desfrutade
o que queda de verán!


Descargar o audio

O Recuncho nº 55

















Martes, 12 de xullo, Emisión nº 55 de O Recuncho, o programa radiofónico da A.C. Fuco Buxán
cos seguintes contidos:
Entrevista no estudio a Irene Sabaté, profesora da Universidade de Barcelona.
tema: “A formación reglada e o traballo industrial”.
José Torregrosa, no seu espazao “O espertar da razón” falará do Códice Calixtino e da Ópera de tres reás.
Victor Novás traerá novidades editoriales e de documentais.
As noticias breves de Fuco Buxán.
O apartado de poesía, de Lorena Calaza, oferta poemas da poeta asturiana Olvido García Valdés.
Escoitaremos a voz e a música de Violeta Parra.



Descargar o audio




13 julho, 2011

Leña Dura D.F. 25


Descargar o audio

Dálle que dálle nas ondas [Programa da Comunidade Educativa da Escola Rural de Lago-Valdoviño en Rádio FilispiM] - 27/06/2011

Dálle que dálle nas ondas é un programa de radio da Comunidade Educativa da Escola Rural de Lago [Valdoviño] en Rádio FilispiM, 93,9 FM.

Nesta edición, do pasado lun 27 de xuño de 2011, realizan un programa especial denunciando as intencións da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia de fechar a Escola. Nais, pais e mestra, cóntannos todos os detalles na gravación, da que recomendamos a súa atenta escoita pola trascendencia da cuestión.

Na actualidade, grazas a pronta resposta da Comunidade Educativa desta centro [unha proba delo é este mesmo programa de radio] a Administración galega do público, ten recuado nas súas pretensións, aló menos "de palabra". Con todo, a loita e preocupación dos pais e nais da Escola continúa latente, logo dos recortes anunciados ao ensino público para o vindeiro curso académico [redución de profesorado, de unidades didácticas... ] que van afectar a moitos outros centros educativos públicos da nosa comarca.


Descargar o audio

Máis info no blogue da Escola Rural de Lago-Valdoviño -> http://escoladelago.blogspot.com

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]