Dálle que dálle nas ondas é un programa de radio da Comunidade Educativa da Escola Rural de Lago [Valdoviño] en Rádio FilispiM, 93,9 FM.
Nesta edición, do pasado lun 27 de xuño de 2011, realizan un programa especial denunciando as intencións da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia de fechar a Escola. Nais, pais e mestra, cóntannos todos os detalles na gravación, da que recomendamos a súa atenta escoita pola trascendencia da cuestión.
Na actualidade, grazas a pronta resposta da Comunidade Educativa desta centro [unha proba delo é este mesmo programa de radio] a Administración galega do público, ten recuado nas súas pretensións, aló menos "de palabra". Con todo, a loita e preocupación dos pais e nais da Escola continúa latente, logo dos recortes anunciados ao ensino público para o vindeiro curso académico [redución de profesorado, de unidades didácticas... ] que van afectar a moitos outros centros educativos públicos da nosa comarca.
Descargar o audio
Máis info no blogue da Escola Rural de Lago-Valdoviño -> http://escoladelago.blogspot.com
Pesquisar neste blog
13 julho, 2011
12 julho, 2011
O Souto [ADEGA] - 23/05/2011
Edición de O Souto, programa de ecoloxía e medio ambiente do Colectivo ADEGA-Trasancos en Rádio FilispiM, realizado o pasado 23 de maio de 2011.
O SOUTO pode ouvirse na vosa radio nos seguintes días e horas:
DIRECTO: segundas feiras [luns] de 20:00 á 21:00 h -> Chama ao Nês por telefone ao 981.37.10.40 [Tlfne. estudio Rádio FilispiM].
DIFERIDO: quintas feiras [xoves] de 12:00 á 01:00 h. da madrugá e ademáis de 10:00 a 11:00 h. da mañá. Os sábados tamén, de 16:00 á 17:00 h. Tamén podes ouvilo ou descargalo neste Podcast e mesmo en:
www.osoutodeadega.blogspot.com
www.osoutodeadega.blogspot.com
Descargar o audio
08 julho, 2011
Divertimento - Especial "Desmontando o ensino público. Contrato por Ferrol".
Contamos coa presenza no estudio de Rádio FilispiM, 93.9 FM, de Patricia e Ana, nais de nen@s e da comunidade educativa do Colexio Rural de Lago en Valdoviño, así como de José Manuel [profesor] e Juan [ANPA] da comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol.
Como xa é público sobre a Escola de Valdoviño existe unha ameaza seria de feche e sobre a escola de San Xoán de Filgueira unha reducción dos seus recursos humanos e de unidades pese ao incremento de alumnado. Este último centro contínua o seu feche de protesto contra estas medidas, dende o pasado xoves 30 de xuño.
Ademáis, outros centros educativos públicos da comarca de Ferrol son afectados por estoutra "reconversión", dunha o doutra maneira: Rodolfo Ucha, IES Ferrolterra, CIFP de Fene, Colexios Os Casais de Maniños e O Ramo de Barallobre, IES Fernando Esquío de Neda, Colexio San Ramón de Moeche... A nível de Galicia, estes recortes afectan a outros moitos centros, todos públicos.
Durante o programa analisouse a delicada situación dos Ensino Público na comarca de Ferrol [patrocinada paradoxalmente por quen "administra" o público -> Xunta de Galicia e os seus monaguillos], ademáis se estabeleceu un interesante diálogo cos ouvintes que chamaron a radio en directo.
Descargar o audio
Foto: Susete Ferrol
07 julho, 2011
80 Vinilos/h - Programa 37
Edición nº 37 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.Nesta edición, damos a benvida a unha nova sección internacional ["Sons do Máis Aló"], comandada polo blogue chorbyradio.blogspot.com, e pinchamos as músicas de:
AZUL Y NEGRO - Technovision [Lp. Digital - Recompilatorio 1º e 2º LP,s rememisturado e remasterizado - Polygram 1983
AZUL Y NEGRO -The Night [Lp. Digital - Recompilatorio 1º e 2º LP,s rememisturado e remasterizado - Polygram 1983
EL AVIADOR DRO - Brigada de demolición [Lp. Alas sobre el mundo – 1982 DRO]
EL AVIADOR DRO - Cita en el Asteroide [Lp. Alas sobre el mundo - 1982 DRO]ESPLENDOR GEOMÉTRICO – Unidad de control [demo track incluida na reedición en CD do ano 2000 da casete EG1 publicada orixinalmente por Datenvararbeitung no ano 1981]
MECÁNICA POPULAR – Daguerrotipo [Lp. Que sucede con el tiempo? - DRO 1984 – Reeditado en 1990 por Discos Esplendor Geométrico]
MECÁNICA POPULAR – Máquinas y procedimientos [Lp. Que sucede con el tiempo? - DRO 1984 – Reeditado en 1990 por Discos Esplendor Geométrico]Sección internacional, "Sons do Máis Aló" [chorbyradio.blogspot.com]:
YAZOO – Situation [Cara B single Only you - Mute Records 1982]
THE MEN – I don´t depend on you [Single – Virgin Records 1979]
RHEINGLOD – Deiklangs–Dimensionen [Single, tirado do Lp Rheingold - Welt Rekord 1980]
Descargar o audio
Assinar:
Comentários (Atom)
