Pesquisar neste blog

21 junho, 2011

80 Vinilos/h - Programa 34

Edición nº 34 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.

Nesta edición, pinchamos as músicas de:
- DANZA INVISIBLE - Mis ojos hacia ti [Maxi Mis ojos hacia ti - DRO 1983]
- DANZA INVISIBLE - Al amanecer [Maxi Al amanecer - DRO? 1983]
- DANZA INVISIBLE - Arco Iris [Lp Contacto Interior - Ariola 1983]
- CÁMARA - El frío en mis manos [Single El frío en mis manos. Produce: E. Benavente - Tres Cipreses 1982]
- PARALISIS PERMANENTE - Unidos [Ep Quiero ser Santa - Tres Cipreses 1982]
- CARLOS BERLANGA - Mujeres rusas [Demo previa ao Lp Canciones Profanas - Alaska y Dinarama - 1983]
- CARLOS BERLANGA - Perlas ensangrentadas [Demo previa ao Lp Canciones Profanas - Alaska y Dinarama - 1983]
- ALASKA Y DINARAMA - Sólo por hoy [composición Carlos Berlanga - Lp Deseo Carnal - Hispavox 1984]
- ALASKA Y DINARAMA - Huesos y tu [composición Carlos Berlanga - Lp Deseo Carnal - Hispavox 1984]
- ALASKA Y LOS PEGAMOIDES - Otra dimensión [composición Carlos Berlanga - Ep Otra dimensión - Hispavox 1981]
- ALASKA Y LOS PEGAMOIDES - Tokio [composición Carlos Berlanga - Lp Grandes Éxitos - Hispavox 1982]

Descargar o audio

Accede a toda a serie de 8o Vinilos/h neste enlace.

Monstro, agréganos no Facebook.

19 junho, 2011

Programa especial 19 j Radio Filispim

Programa especial de Radio Filispim, cubrindo en directo, dende a praza 15 Maio (antiga Praza de Armas), toda a concentración.
19 de Xuño 2011.


Descargar o audio

17 junho, 2011

Divertimento - Entrevistas: Martinha [Acampada Ferrol], Roger de Flor, Misquious e Polyester.

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros, en Rádio FilispiM, 93.9 FM, cos seguintes contidos:

- Conversa con Martinha, da ASEMBLEA ACAMPADA FERROL, con quen falamos distendidamente sobre os últimos capítulos desta rama do movimento 15M na nosa cidade e da concentración-carerolada prevista para o domingo 19 de xuño na Praza 15 de Maio de Ferrol [antigua praza de Armas].

- Entrevista con ROGER DE FLOR. O cantaoutor fenés  apresentanos o seu novo disco “El mundo está loco, loco, loco” e convidanos a asistir á presentación do mesmo o vindeiro mércores 22 de xuño no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol.

- Entrevistas a Manel e Melo de MISQUIOUS, banda ferrolá que anda a perpretar o que será o seu vindeiro disco grande e ao transformista POLYESTER [Carlos Mosquera]. Ambas formacións actuarán o vindero sábado 18 de xuño na festa fin do ciclo “Novas Noites”, no C.C. Torrente Ballester de Ferrol, acompañad@s doutr@s bandas e artistas da nosa comarca. A entrada é de balde, previo convite a retirar no Teatro Jofre.


Descargar o audio

16 junho, 2011

Rolda de prensa Acampada Ferrol e DRX - Praza 15 de maio, 16/06/2011 [Rádio FilispiM, 93.9 FM]

Audio completo rexistrado por Rádio FilispiM, da rolda de prensa convocada pola asemblea do colectivo Acampada Ferrol e o colectivo Democracia Real Xa [Movimento 15-M], deste xoves 16 de xuño de 2011, as 12:00 h. do mediodía na praza 15 de maio de Ferrol.

Durante a mesma apresentaron as súas nova liñas de actuación e convocaron a toda a cidadanía para que acuda á concentración e cacerolada que se desenvolverá este domingo 19 de xuño na Praza 15 de Maio de Ferrol [antiguamente coñecida coma Praza de Armas]. Esta concentración terá como principal obxectivo amosar o reixeitamenteo ao coñecido coma "novo pacto do Euro".

No audio da súa rolda de prensa afondan sobre todo ilo:



Descargar o audio

Foto: Rádio FilispiM.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails