Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Escoita! Rádio FilispiM Winamp, iTunes Windows Media Player Real Player TuneIn QuickTime VLC



17 junho, 2011

Divertimento - Entrevistas: Martinha [Acampada Ferrol], Roger de Flor, Misquious e Polyester.

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros, en Rádio FilispiM, 93.9 FM, cos seguintes contidos:

- Conversa con Martinha, da ASEMBLEA ACAMPADA FERROL, con quen falamos distendidamente sobre os últimos capítulos desta rama do movimento 15M na nosa cidade e da concentración-carerolada prevista para o domingo 19 de xuño na Praza 15 de Maio de Ferrol [antigua praza de Armas].

- Entrevista con ROGER DE FLOR. O cantaoutor fenés  apresentanos o seu novo disco “El mundo está loco, loco, loco” e convidanos a asistir á presentación do mesmo o vindeiro mércores 22 de xuño no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol.

- Entrevistas a Manel e Melo de MISQUIOUS, banda ferrolá que anda a perpretar o que será o seu vindeiro disco grande e ao transformista POLYESTER [Carlos Mosquera]. Ambas formacións actuarán o vindero sábado 18 de xuño na festa fin do ciclo “Novas Noites”, no C.C. Torrente Ballester de Ferrol, acompañad@s doutr@s bandas e artistas da nosa comarca. A entrada é de balde, previo convite a retirar no Teatro Jofre.


Descargar o audio

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails