Pesquisar neste blog

17 junho, 2011

Divertimento - Entrevistas: Martinha [Acampada Ferrol], Roger de Flor, Misquious e Polyester.

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros, en Rádio FilispiM, 93.9 FM, cos seguintes contidos:

- Conversa con Martinha, da ASEMBLEA ACAMPADA FERROL, con quen falamos distendidamente sobre os últimos capítulos desta rama do movimento 15M na nosa cidade e da concentración-carerolada prevista para o domingo 19 de xuño na Praza 15 de Maio de Ferrol [antigua praza de Armas].

- Entrevista con ROGER DE FLOR. O cantaoutor fenés  apresentanos o seu novo disco “El mundo está loco, loco, loco” e convidanos a asistir á presentación do mesmo o vindeiro mércores 22 de xuño no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol.

- Entrevistas a Manel e Melo de MISQUIOUS, banda ferrolá que anda a perpretar o que será o seu vindeiro disco grande e ao transformista POLYESTER [Carlos Mosquera]. Ambas formacións actuarán o vindero sábado 18 de xuño na festa fin do ciclo “Novas Noites”, no C.C. Torrente Ballester de Ferrol, acompañad@s doutr@s bandas e artistas da nosa comarca. A entrada é de balde, previo convite a retirar no Teatro Jofre.


Descargar o audio

16 junho, 2011

Rolda de prensa Acampada Ferrol e DRX - Praza 15 de maio, 16/06/2011 [Rádio FilispiM, 93.9 FM]

Audio completo rexistrado por Rádio FilispiM, da rolda de prensa convocada pola asemblea do colectivo Acampada Ferrol e o colectivo Democracia Real Xa [Movimento 15-M], deste xoves 16 de xuño de 2011, as 12:00 h. do mediodía na praza 15 de maio de Ferrol.

Durante a mesma apresentaron as súas nova liñas de actuación e convocaron a toda a cidadanía para que acuda á concentración e cacerolada que se desenvolverá este domingo 19 de xuño na Praza 15 de Maio de Ferrol [antiguamente coñecida coma Praza de Armas]. Esta concentración terá como principal obxectivo amosar o reixeitamenteo ao coñecido coma "novo pacto do Euro".

No audio da súa rolda de prensa afondan sobre todo ilo:



Descargar o audio

Foto: Rádio FilispiM.

15 junho, 2011

O Recuncho nº 51


martes 14 de Xuño, de 18.30 a 19.30, no 93.9 da FM, Radio Filispim, edición nº 51 de O Recuncho.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:

- Falaremos con Armando Fernández Steinko ,mestre de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid, sobre os movementos 15-M e as mesas de converxencia.

- Presentación da revista: " Razón Socialista" nº 30.

- Coma de cotiá, José Torregrosa coa súa sección, "O espertar da razón".

- Na sección poética levada por Lorena Calaza e Fernando Ocampo: Leonardo Cohen.

"O Recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM



Descargar o audio

Atenta nº 32 [14-06-2011]



CONTIDO:
Falamos con Ester, nai de acollemento dunha nena saharaui dentro do programa Vacacións en Paz.
Falamos tamen con Antón Gomez-Reino, sobre a II Flotilla da Liberdade que esta a punto de zarpar hacia Gaza.

MÚSICA:
O Sonoro Maxin - Rua do perigo
Aziza Brahim - Mi canto
Che Sudaka - Sin papeles

Descargar o audio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails