Pesquisar neste blog

20 dezembro, 2010

acoplados sin merienda 17/12/2010


Set list acoplados sin merienda 17/12/2010:

  • Oberhofer - "I Could Go"
  • Maximum Balloon - "Apartment Wrestting"
  • Enrique Morente & Lagartija Nick - "Omega"
  • "Bullit" - Director: Peter Yates. Compositor: Lalo Schifrin
  • "Ocean's Eleven" - Director: Steven Soderbergh. Compositor: David Homes "Gritty Shaker"
  • Enrique Morente & Lagartija Nick. "Pequeño Vals Vienés" y "Manhattan" de Leonard Cohen (I'm Your Man, 1988)
acoplados sin merienda todos los viernes de 18h a 19h en Radio FilispiM 93.9FM


Descargar o audio

Programa do Colectivo 17 de Dezembro de 2010

Neste programa, valoramos as novas modificaçons no estudo fiispiniano, como a mesa radiofónica, o logo da fachada, o teléfono fixo [981 37 10 40], o híbrido telefónico e a conexión a internet no estudo.
Utiliçando esta útima, internet, fixemos um ciber-programa, navegando pola rede sem rumbo fixo, alí donde nos ia levando a conversa, iniciamos a andadura pola web temazo.org, paramos por jamendo.com, aregueifa.net, repostamos no blog do Colectivo OPAII, opaii.blogspot.com, para zarpar cara o software livre em ubuntu.com, depois fumos a informar-nos a artabra21.blogspot.com e chuza.gl e rematamos liados nas redes sociais twiter, facebook, latri.ca, cabozo.com, todo amenizado com boa música.


Descargar o audio

18 dezembro, 2010

O Recuncho nº 35


Sábado 18 de Decembro.
O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.
Neste programa destacamos os seguintes contidos:
-Especial música: Enrique Morente.
- Coñecimos unha das revolucións aparecidas a partires de Internet:
O Couch Surfing, nova forma de viaxar que xa conta con millóns de
usuarios en todo o mundo. Falamos con Oscar, usuario deste servizo.
- Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección “O espertar da razón”.
- No estudo de Radio Filispim : Karlotty, Guillermo Ferrández, Lorena
Calaza, José Torregrosa, Pedro Ferrández e Fernando Ocampo cun
especial poesía que leva de título: “ A poesía é unha arma cargada de
presente” .
- Escoitamos audios da conferencia organizada por Fuco Buxán acerca
dos últimos acontecementos no Sáhara. Escoitamos a : Julián Delgado,
autor do libro “ Morir polo Sáhara” e a Santiago Jiménez ,
Catedrático de Geografía e Historia da Universidade de Santiago.
Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

"O Recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

Descargar o audio

Divertimento - Enrique Morente, até sempre [16/12/2010].

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM], non poidemos senón que despedirnos de Enrique Morente cunha pequena, pero monstrosa, homenaxe: sentindo a súa música.
Enrique Morente foi un artista universal comprometido co seu tempo. Tambén foi un artista innovador no xénero que dominaba, o flamenco. A súa traxectoria só pode ser comparada coa doutro monstro do xénero, Camarón de la Isla.
No seu achegamento a xéneros máis populares coma o rock, pariu unha das obras de fusión máis impactantes da década dos noventa: OMEGA. A obra, gravada cunha chea de músicos e a formación de rock [tambén granaina] Lagartija Nick, é inmensa.
En OMEGA, os textos lorquianos do cantautor canadiano Leonard Cohen e adaptacións de poemas do propio Federico García Lorca, serven de base a unha explosión de inmovación, enerxía e sentimento durante algo máis dunha hora.
Enrique Morente abandonou este mundo un 13 de decembro de 2010. O vindeiro 25 deste natal tivera cumprido 68 anos. Na súa despedida, a súa dona Laura García Lorca [sobrina de Federico García Lorca] e a súa filla Estrella, estiveron acompañadas por todas.
No programa escoitamos a obra completa OMEGA [El Europeo, 1996], que tiven ocasión de ver en directo nun dos pavillóns de A Malata [Ferrol], un nove de agosto de 2002. Ao final ouvimos o audio donde a súa filla, Estrella, lle canta en corpo presente, uns versos do Poema del Cante Jondo de F.G. Lorca: "Ay, empieza el llanto de la guitarra, llora como el viento sobre la nevada. Ay, es inútil callarla, es imposible callarla...".
Enrique Morente, volveu visitar Ferrol [Teatro Jofre] o recente 23 de xullo de 2010. Daquela, o noso compañeiro Pedro [Rádio FilispiM - "Aquilo que vibra"] o veu sair do Mercado da Madalena, cunha bolsa ben sortida de peixe.
Enrique Morente, até sempre.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]