Foto oficial [ou oficiosa] da Asemblea coa que a pasada fin de semana se clausurou en Alacante o VI Encontro de Medios Comunitarios [ReMC].Periodismo e activismo. A experiencia da flotilla da liberdade [Palestina]:
O balance, como se dixo, foi positivo. Falta procesar todo o que aprendemos neste encontro, que non é pouco. Como ben di o noso compañeiro Mariano, a unión fai a forza. Grazas [entre outras cousas] a encontros como este, os medios de comunicación comunitarios se fan máis fortes para permitir á cidadanía exercer o seu dereito a comunicar por calquera medio de difusión e expresión.


