- Comochoconto: luns e venres de 6 a 7 da tarde.
- Mulheres e Vice-versa: martes de 3 a 4 da tarde e xoves de 7 a 8 da tarde.
- Contrainformativas: domingos de 10 a 11 da mañá, luns de 11 a 12 do mediodía, mércores de 7 a 8 da tarde e xoves de 9 a 10 da noite.
Pesquisar neste blog
29 março, 2010
Rádio Kalimera na Rádio Filispim
Non, non se trata dunha OPA hostil das irmás compostelás, mais dende as últimas semanas @s ouvintes da Rádio FilispiM poden escoitar no seu dial [93.9 da FM], tres intrépidos programas da emisora irmá Rádio Kalimera de Compostela. Tomade nota pois paga a pena:
25 março, 2010
Radios libres e comunitarias no Estado español: 30 anos de historias, según o Ente.
Estes días os medios estatais públicos veñen de fazerse eco dos 30 anos de existenza das radios libres e comunitarias no Estado español.
Nesta reportaxe tirada dos Telediarios de TVE falan dunha parte da súa história, do "recoñecemento" outorgado pola nova Lei Audiovisual, así como das novas reinvidicacións dos seus protagonistas.
Por outra banda, o programa Carne Cruda de Radio 3 (RNE), adicou o pasado 18 de xaneiro de 2010, un especial donde Radio Pica (Barcelona), Radio Vallekas e Radio Ritmo (Getafe-Madrid), falan do contido social das emisoras libres e comunitarias e das súas inquedanzas trinta anos despois da súa agachada existenza ao marxe do "mercado" e "mercaderes" da comunicación.
Podes escoitar ese programa especial neste reprodutor:
Descargar o arquivo
Nesta reportaxe tirada dos Telediarios de TVE falan dunha parte da súa história, do "recoñecemento" outorgado pola nova Lei Audiovisual, así como das novas reinvidicacións dos seus protagonistas.
Por outra banda, o programa Carne Cruda de Radio 3 (RNE), adicou o pasado 18 de xaneiro de 2010, un especial donde Radio Pica (Barcelona), Radio Vallekas e Radio Ritmo (Getafe-Madrid), falan do contido social das emisoras libres e comunitarias e das súas inquedanzas trinta anos despois da súa agachada existenza ao marxe do "mercado" e "mercaderes" da comunicación.
Podes escoitar ese programa especial neste reprodutor:
Descargar o arquivo
23 março, 2010
Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta_Vinilos [Cap.8] - Radio Fene_2005
Oitavo capítulo da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento para pequenos monstros.No capítulo de hoxe pasámolo moi ben con Parálisis Permanente (Quiero ser santa, Heroes, Autosuficiencia e Quiero ser tu perro), Danza Invisible (Así marchamos a la Gloria), Tino Casal (Pájaros), Ariel Rot (Peces), La Mode (La Cólera e Panorama).
Xa no final do programa escoitamos referencias ao festival autoxestionado Fervesteiro [bairro de Esteiro en Ferrol] e ouvimos a música do local Herman Blues.
Ademáis ouvimos un pequeno extracto da gravación do II Conspirando por unha radio libre, que daquela [ano 2005] se celebrou no local da Fundaçom Artábria no mesmo bairro de Esteiro [Ferrol-Galiza]. O corte elixido é o final do concerto que deu o cantautor ferrolá Bladi. Naquel Conspirando actuaran ademáis os ferroláns Kobe e Misquious. Ao final da gravación podese ouvir a un tal P. Cunha facendo de animador, e a unha tal Paula ríndose por detrás.
Lembrar que aquel segundo Conspirando por unha radio libre, foi o último antes do comezo das emisións de Rádio Filispim, no mes de agosto do ano 2005, por tanto, a radio libre e comunitária da Terra de Trasancos [que emite dende Ferrol], cumprirá en agosto deste 2010, cinco anos de emisións ininterrompidas. Agardamos dende Divertimento que isto teña unha celebración como ben se merece.
Non queremos marchar sen amosar a nosa ledicia pois o podcast do Cap. 6 desta serie [adicado a Los Modelos, Episodio, Estación Victoria e Luna] foi ouvida até o día de hoxe 117 veces. Tan só agardamos que todas eses veces non fora ouvido por unha mesma persoa, non xa pola súa propia saúde mental senón polo tema de que o premio estivera ben repartido e bla, bla, bla.
Para escribir ao programa: radiomonstro [arroba] gmail.com
A vindeira semana máis aquí, onde paran os monstros.
Descargar o arquivo
15 março, 2010
Mulleres nas ondas libres e comunitarias.
Moitas son as celebracións que tiveron e aínda levan a cabo en todo o mundo polo Día Internacional da Muller Traballadora. En moitas radios comunitarias e sociais, as mulleres conmemoran esta xornada cada día do ano a través do seu compromiso feminista en prol dos dereitos das mulleres. Alzando a voz, facéndose escoitar a través de programas radiofónicos con temática de xénero.Moitas destas emisoras participativas e sen ánimo de lucro concederon moita importancia dentro dos seus contidos e a súa propia organización a participación activa das mulleres.
O día 8 de marzo aprovéitase para celebrar todo ese traballo continuado que aos poucos vai dando o seu froito nas audiencias. Un exemplo atopámolo en Radio Enlace, emisora comunitaria do norte de Madrid. Esta emisora desde fai anos ten activa a súa propia Área de Mulleres, que organiza actos sociais e culturais, pero que sobre todo manteñen cada día programas e contidos radiais que visibilizan as loitas, as denuncias, os logros e a cultura feita por mulleres. O 8 de marzo a área da Muller de Radio Enlace realizou un programa especial de 2 horas e media.
Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
Assinar:
Postagens (Atom)