Oitavo capítulo da serie Oitenta Vinilos, dentro de Divertimento para pequenos monstros.
No capítulo de hoxe pasámolo moi ben con Parálisis Permanente (Quiero ser santa, Heroes, Autosuficiencia e Quiero ser tu perro), Danza Invisible (Así marchamos a la Gloria), Tino Casal (Pájaros), Ariel Rot (Peces), La Mode (La Cólera e Panorama).
Xa no final do programa escoitamos referencias ao festival autoxestionado Fervesteiro [bairro de Esteiro en Ferrol] e ouvimos a música do local Herman Blues.
Ademáis ouvimos un pequeno extracto da gravación do II Conspirando por unha radio libre, que daquela [ano 2005] se celebrou no local da Fundaçom Artábria no mesmo bairro de Esteiro [Ferrol-Galiza]. O corte elixido é o final do concerto que deu o cantautor ferrolá Bladi. Naquel Conspirando actuaran ademáis os ferroláns Kobe e Misquious. Ao final da gravación podese ouvir a un tal P. Cunha facendo de animador, e a unha tal Paula ríndose por detrás.
Lembrar que aquel segundo Conspirando por unha radio libre, foi o último antes do comezo das emisións de Rádio Filispim, no mes de agosto do ano 2005, por tanto, a radio libre e comunitária da Terra de Trasancos [que emite dende Ferrol], cumprirá en agosto deste 2010, cinco anos de emisións ininterrompidas. Agardamos dende Divertimento que isto teña unha celebración como ben se merece.
Non queremos marchar sen amosar a nosa ledicia pois o podcast do Cap. 6 desta serie [adicado a Los Modelos, Episodio, Estación Victoria e Luna] foi ouvida até o día de hoxe 117 veces. Tan só agardamos que todas eses veces non fora ouvido por unha mesma persoa, non xa pola súa propia saúde mental senón polo tema de que o premio estivera ben repartido e bla, bla, bla.
Para escribir ao programa: radiomonstro [arroba] gmail.com
A vindeira semana máis aquí, onde paran os monstros.
Descargar o arquivo
Nenhum comentário:
Postar um comentário