Quinto dos programas da serie Oitenta Vinilos, que Divertimento para pequenos monstros realizou para Radio Fene no ano 2005.
Nesta edición ouviredes musicas tiradas das referencias do selo MR, quen nos primeiros oitenta editou en vinilo as primeiras cancións de grupos emblemáticos do pop estatal: Episodio, Los Pistones, Los Modelos...
Xa no final do programa dámoslle unha nova volta a torca do cenario local do momento, lembrando as músicas de Fer Pinone [do que, por certo, hai moito tempo que non temos novas, co moito que gostamos das súas produzóns], Kobe [grupo paralelo aos memorábeis Window Pane] ou …[a ver se adivinades quen é o último grupo que soa no programa].
Por certo, que o nº 4 da serie non o damos atopado, polo que non poderemos rescatar a primeira parte adicada ao selo MR, no que tantos grupetes do momento gravaron as súas primeiras maquetas.
A vindeira semana máis madera oitentera, aquí onde paran os monstros.
Descargar o arquivo
Pesquisar neste blog
24 fevereiro, 2010
17 fevereiro, 2010
Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 3º] - Radio Fene_2005
As conexións cos valencianos Glamour, sérvenos de excusa para entreter, aos nosos pequenos monstros, coas músicas de Última Emoción, Revolver, cos vinilos de Betty Troupe, as andanzas do cantautor pop Javier Bustamante con Remi Carreres ou as contiendas de Interterror.
Este programa foi producido para Radio Fene no ano 2005, ao igual que o resto da serie. Hoxe recuperámolo para Rádio Filispim [Ferrol], Radio Roncudo [Corme] e os amigos de Podgalego.
No vindeiro Divertimento para pequeños monstros, unha nova edición de Oitenta Vinilos, aquí, onde paran os monstros.
Descargar o arquivo
11 fevereiro, 2010
Crónica da xornada de protesta ante a Nova Lei Audiovisual no Estado español.
Convocados por diferentes sindicatos, a Rede de Medios Comunitarios [ReMC], a URCM e co apoio do diferentes organizacións coma a sección española da Unión Latina de Economía Política da Información, a Comunicación e a Cultura [ULEPICC], a concentración pretendeu visibilizar o descontento social ante a Lei que regulará o sector audiovisual no Estado español.
Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
10 fevereiro, 2010
Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 2º] - Radio Fene_2005
Segundo dos capítulos adicados a nova ola estatal, que estes días cumpre 30 anos, logo da emisión un 9 de febreiro de 1980 en TVE [Popgrama] do concerto colectivo homenaxe a Canito [Bateria de Tos].Podedes ter acceso a unha parte dese documento, neste enlace, na que vos atoparedes coa presentazón de dous novos e intrépidos periodistas que co paso dos anos serían algo máis que dous nomes propios relacionados cos medios de comunicazón estatais: Carlos Tena [que hoxe vive en Cuba e colabora para Cuba Información] e Diego Manrique [hoxe Subdirector de Radio 3].
Neste novo episodio da serie Oitenta Vinilos de Divertimento para pequenos monstros fazemos unha especial parada en Valencia, onde naqueles primeiros oitenta xurdían grupos coma mandarinas, que apuntaban cara un pop tinxido de tecnoloxía, sendo o levante berce do tecno-pop estatal, con grupos e discos que co paso dos anos teñen deixado unha fonda pegada en re-colectores e coleccionistas de plásticos.
No programa rescatamos algúns dos vinilos de Comité Cisne ou Última Emoción, grupos que non chegaron a trascender como aconteceu con outros do momento, por iso gostamos de lembralos aquí, entre monstros. A gravazón que ouviredes, ao igual que o resto da serie, foi producida para Radio Fene, no ano 2005.
Xa no final do programa volvemos á nosa realidade local escoitando a música maquetera dos ferrolás Quant, que trinta anos depois seguen a pensar en vinilo.
A vindeira semán un novo capítulo de Oitenta Vinilos, aquí, onde paran os monstros [de plástico].
Descargar o arquivo
Assinar:
Postagens (Atom)