11 Fevereiro, 2010

Crónica da xornada de protesta ante a Nova Lei Audiovisual no Estado español.

A ReMC vén de informarnos que este martes 9 de febreiro de 2010, levouse a cabo unha concentración de protesta ante as portas do Senado, de Madrid. O obxecto da mobilización ten que ver coa tramitación da nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Convocados por diferentes sindicatos, a Rede de Medios Comunitarios [ReMC], a URCM e co apoio do diferentes organizacións coma a sección española da Unión Latina de Economía Política da Información, a Comunicación e a Cultura [ULEPICC], a concentración pretendeu visibilizar o descontento social ante a Lei que regulará o sector audiovisual no Estado español.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

0 comentarios:

Related Posts with Thumbnails