Pesquisar neste blog

14 dezembro, 2009

Spanglish 11 de decembro 2009

Set list de Spanglish do venres 11 de decembro de 2009:

  • Star Trek vs Star Wars
  • Los Planetas se disuelven – El lado oscuro de la fuerza
  • Glitter Klinik – Tú eres Pop
  • Third Eye Foundation – A Galaxy of Scars


Descargar o arquivo

13 dezembro, 2009

Divertimento - Serie: arquivo sonoro / historicos: Radio Kaos (2)

"Aquí Radio Kaos, a emisora universitaria e libre que okupa o 96.3 da FM en estéreo supersónico".

Desta forma indicabamos ao persoal que demos andaban a sintonizar, cando as emisións de Divertimento para Pequenos Monstros na emisora do campus de Serantes-Ferrol, naqueles 2000.

O programa que hoxe vos oferecemos debeu ser emitido na grella 1999/2000.

Este Divertimento ábrese cun par de textos do Pequeno Monstro (Poema Bomba e Aquela Casiña), segue cun poema do ferrolán Santi Ribera e finda, na súa primeira metada adicada aos textos, con Rosa de Sanatorio de Don Ramón María del Valle-Inclán, surreal poema enunciado nas noites de finais dos oitenta, por José Luis Moreno-Ruíz no seu memorábel programa (do mesmo nome) en Radio 3.

Na segunda parte do programa falamos con todo un personaxe daquelas noites ferrolás dos noventa: Raúl "El Ilegal". Daquela, Raúl tiña un local de copas na Rúa do Sol de Ferrol, facía debuxos e .... Bon, escoiten o programa.

Ben lembro a tarde na que entramos pola porta da Escola U. Politécnica de Serantes, dende donde emitía Radio Kaos, o Raúl e mais eu. O Raúl apareceu cun enorme teclado Farcisa TK61. Aínda o estou a ver, levaba unha gafas de rallar, tan delgado el con ese teclado que case o duplicaba en tamaño e peso, atravesando a porta da Politécnica camiño do estudio, ante a mirada atónita dos estudantes.

Na conversa con Raúl, acompáñanos Suso Suciedad, sombra de Divertimento naquela etapa.

Daqueles anos e daquelas ondas, lembro estes programas: O que nós sabemos e vostedes non (Santi Bergantiños e compaña), Shock (Bárbara Calavera Zalamera), Ábrete de Orellas e Chicas Católicas (Pepe Luis Cunha), Disidente (Iván), O Lucecú (Ana Santiago), Galiza Solidaria (Cebral), Café Jazz (Manuel Lorenzo), Manchita Cosa (Suso Suciedad e Paulopablo), Autopista 61, El Taller del Duende, Con Alma de B-Boy, Sinfonías Metálicas, A letra "A" e Expresión Directa (Xabi e Iván), Divertimento para pequenos monstros, e mesmo Textículos by me (Pequeno Monstro, Ana Lucecú e Suso Suciedad), nun asalto radiofónico perpretado a man armada de poemas.

Ti mesm@ podes completar esta semblanza á Radio Kaos comentando esta entrada ao pe.

A próxima semana o Pequeno monstro, desvelara quen e como se cargou Radio Kaos.

Entre tanto, para lembranza de tod@s, rescatamos do arquivo unha imaxe da grella do vrao do 2000, daquela sorprendente emisora. Un documento valorado agora mesmo en 20.000€ . Ao principio nesta entrada atoparala, fai clic nela para ampliala, pero nada de tocar.

Ficades co audio bomba.

Descargar o arquivo

11 dezembro, 2009

Os medios comunitarios presentan emendas ao proxecto de Lei Audiovisual do Estado español.


O Congreso español debate actualmente o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Existe un anteproxecto e actualmente os diferentes grupos parlamentarios presentaron as súas correspondentes emendas para terminar de dar forma ao que será a Lei que rexerá no futuro as comunicacións no Estado español.

A devandita Lei non contenta aos medios comunitarios, que tamén presentan as súas emendas á Lei.

Gorka Andraka, de Tas Tas Irratia, en Bilbao, entrevista sobre este asunto a Mikel Estarrona, integrante da propia Tas Tas Irratia, e tamén da comisión de Lexislación e Dereito á Comunicación da Rede de Medios Comunitarios (ReMC), quen analiza o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual e estima que o proxecto do Goberno español cercena o Dereito á Comunicación.

Rádio Filispim forma parte da Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC), dende novembro de 2009.






Audio tirado de Más Voces : www.masvoces.org

Video: campaña "10-D, polo dereito a comunicar", da ReMC.

09 dezembro, 2009

Novo Recuncho


Nesta ocasión trataremos en profundidade os seguintes contidos:
- Escoitaremos as verbas de Pascual Serrano, cofundador do portal de internet " Rebelión", invitado a Ferrol por Fuco Buxán.
- No estudo de Radio Filispim, Xosé Abad, director do documental " O segredo da Frouxeira", que relata o asasinato en 1938 do alcalde de Serantes, Alejandro Porto xunto con tres compañeiros. Tamén no estudo, Enrique Barrera, historiador que traballou neste proxecto.
- Conferencia de Teodulfo Lagunero, presentando o libro " La extraordinaria vida de un hombre extraordinario". Teodulfo, militante do Partido Comunista contaranos como foi a súa loita contra a ditadura franquista.
- Sección poética,: figura e poemas de Marcos Ana.
- Sección " O despertar da razón", levada por José Torregrosa: A manipulación nos medios de comunicación.


Descarga o audio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]