No inmenso estudio de Rádio Filispim, o pasado 30 de abril de 2009, dentro do programa Divertimento para pequenos monstros, estivo Xabier, militante cenetista quen nos fala da convocatoria da CNT en Ferrol, para o primeiro de maio.
Ademáis, Carlos Outeiro, integrante da Mesa pola Normalización Ligüística, comenta os detalles da convocatoria de manifestación para o domingo 17 de maio de 2009 (día das Letras Galegas) en Compostela, na defensa da lingua propia da Galiza.
A esta convocatoria, apoiada por numeros colectivos e persoas, acudirán tambén o colectivo Galego Sempre Mais, quen sumará esforzos pola dignificación da lingua propia de Galiza, mais non apoia "nominalmente" a mesma, ao ser esta organizada unilateralmente pola Mesa.
Es un programa musical que no se cierra a un estilo musical sino que difunde diferentes estilos: FUSION, JAZZ, MUSICA LATINOAMERICANA [* BRASIL* ARGENTINA * URUGUAY *TANGO *MUSICA AFRICANA] Y WORLD MUSIC
Tratando dentro de lo que es radio FILISPIM de difundir aquella musica que no se les da cabida en otras emisoras.
Horarios de emisión en Rádio FilispiM:
VIERNES de 19.00 a 20.00 - en directo
LUNES de 00.00 a 01.00 y de 14.00 a 15.00 - diferido
Divertimento para pequenos monstros, na súa última edición vén de amplificar a proposta para o primeiro de maio deste 2009 que nos oferecen os libertarios na Galiza. Todos eles hanse achegar a Ferrol pra se manifestar, partindo do Espazo Libertario xerado na Avenida de Esteiro.
Con esta manifestazón, xa son tres as convocadas polas diversas forzas sindicais na cidade departamental. Quen sabe, cecais o vindeiro primeiro de maio sexa o da "conxunción interestelar" definitiva. No estudio da Rádio Filispim, Xabier, militante cenetista, conta os detalles da convocatoria.
Ademáis, ao través do teléfono, Carlos Outeiro, integrante da Mesa pola Normalización Ligüística, comenta os detalles do manifesto e convocatoria de manifestación, para o vindeiro 16 de maio (día das Letras Galegas) en defensa da lingua propia da Galiza.
Algunhas notas sobre a nosa actualidade máis "rabiosa" e muita boa música completan o Divertimento do pasado 30 de abril de 2009.
A disfrutar do audio, e lembrade que sempre gostamos das vosas suxestións en radiomonstro(arroba)gmail.com ou mesmo neste blog. Saúde, monstros!!!!