Pesquisar neste blog

12 março, 2009

VI Conspirando por umha Rádio Livre

Este ano estamos preparando para o 9 de Abril, "Xoves Santo", o que pode ser o melhor Conspirando por umha Rádio Livre de todos os tempos.

Seguindo o esquema do ano passado, teremos unha Feira de Colectivos que comezará às 18hs. na carpa que instalaremos na praza do Inferninho, Ferrol.

Às 22hs. comezará o concerto con tres grupos de estilos bem diferentes, primeiro RETOBATO [Punk-Rock] de Trasancos, depois baixaremos um pouco o volume com ROGER DE FLOR [Pop-Swing] também desde Trasancos, e para rematar a festa, SACHA NA HORTA [Fussiom] desde Compostela.

Também a rede TrocaFerrol, organizará um mercadinho de troco na praza do Inferninho, e desde esta mesma praza infernal, às 20hs., sairá umha bicicletada organizada pola Masa Crítica de Ferrol.


Ver mapa más grande

Descargar o arquivo


Retobato: Maria Teresa Campos.

Roger de Flor: Os dous amigos.

Sacha na Horta: Biocultivos.

019 Spanglish

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8SGilzkwANl_9eaGCFbO7LP9If7FuRamVTfeYZp67KgRQufDczsq8Qffzi8lWEcalBxASO2c1z5m45_8k3kIS4xoBDYwlEFKcDDhVpa44FdZZMPwgUTSgMDtvTCb0iDY-WZCn/s1600/spanglish.jpg
Set list do Spanglish do 27 de Febreiro de 2009.
  • Wolfmother – Apple Tree
  • Gnarls Barkley - The Odd Couple – Blind mary
  • Tussle – Cream Cuts - Night of the Hunter
  • Without Gravy - Waterfall
  • 12twelve – Doppler – La reaction de Mallard
  • 12twelve - ´Univers – Auto Bahn Polizei
  • The Strange - Run with the Hunted
  • Cuchillo – Come with me
  • Underworld - Rez
  • Quant - New Adventures in Full Colour – Girls, girls, girls
  • Sr. Chinarro – Ronroneando – Los ángeles
  • Polar – A cup of coffee
Descargar o arquivo

011 O Recuncho

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiLqSS-0wgRuOyfmBFXtH3qwtqjtFedL0U86MWpBEeXyFLsyRG7d4cXuLf01RgTSjfTNrFSfIyjfjVOaLC7QXCKjDLfnhlqwXBm-73Cj7AcsBGrCeRmjnQXG7zeihc3zLuXFxL_/s1600/orecuncho.jpg
Moi boas compañeir@s, neste novo programa adicamos a nosa a tención aos seguintes temas:
  • Especial 10 de Marzo de 1972. Explican o acontecido, Rafael Pillado vicepresidente de Fuco Buxán e un dos protagonista dos acontecementos, Enrique Barrera, directivo de Fuco Buxán e historiador e Jose Luis Nuñez Casal, abogado no xuizo dos 23.
  • Conmemoración do Día Internacional das Mulleres.
  • Novas do Comité Cidadá de Emerxencia para a ría de Ferrol.
  • Traballo sobre Pablo Neruda.

Descargar o arquivo

022 Divertimento Para Pequenos Monstros

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOTvp4JfsnVy9bMylWU268OSVWtn3ENi5o3SJl6w6-fPjxjkB6zjsuTbychMMyx0fhws-nCYdINSWPnM-pYTUueX_EaAXFlrpzOOpU7Eyng_gGrcteWVInPFGKRX5n_5te_xlF/s1600/divertimento.jpg
Xa está aquí o VI Conspirando por unha radio libre!

Había un ano que non o faciamos. A confraría filispiniana da santa Rádio FilispiM, repite experiencia por sexto ano consecutivo nunha edición que ao igual que pasado ano, volve a rúa, exactamente ao inferno.

Si, o Conspirando vai ser na Praza do Inferniño de Ferrol o xoves "santo" 9 de abril de 2009, a poucos metros dos desfíles procesionais e pola cara. A cuestión é ir dinamitando este Ferrol, barrio a barrio (Fervesteiro xa dinamitan o seu), con saña.

Se as autoridades finalmente o toleran, baixo unha inmensa carpa e riba dun fantástico cenário tocarán tres bandas: RETOBATO (Punk-Rock), ROGER DE FLOR e amigos (POP-SWING) e SACHA NA HORTA (Fusión).

Na última edición do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, falamos deste e doutros temas de actualidade como son:
  • Unha nova radio comeza a emitir na Comaca: Radio Reganosa.
  • 8 de marzo: día internacional da muller. Manifesto da Marcha Mundial.
En vindeiras entradas e edicións de Divertimento, iremos subministrando máis información sobre esos descerebrados do colectivo Opaii!, gamberros irreverentes que parecen merecer a escomuñón inmediata.

Ficades co audio do programita, que como sempre podedes aniquilar directamente pulsando no reprodutor:
www.pequenosmonstros.blogspot.com

Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]