Pesquisar neste blog

04 fevereiro, 2009

003 Aquilo que vibra

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjRg0rGiBOuI-muvMRh_BV-i2l2KzO7r4sNuARyt5wNtYYlxBPZNTJHXZhOI6vMa-vTYOa_lGbr819D4gthLS9XIBfKmiAQD-hpYyIfel_QrsjnvV3ns54ai7MqEObO0vvFE9HD/s1600/aquiloquevibra.jpg
Aquilo que vibra do 2 de Febreiro de 2009

Descargar o arquivo

017 Divertimento Para Pequenos Monstros

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOTvp4JfsnVy9bMylWU268OSVWtn3ENi5o3SJl6w6-fPjxjkB6zjsuTbychMMyx0fhws-nCYdINSWPnM-pYTUueX_EaAXFlrpzOOpU7Eyng_gGrcteWVInPFGKRX5n_5te_xlF/s1600/divertimento.jpg
Cicloxénese Explosiva, así denominan os técnicos en meteoroloxía o acontecido na tarde noite do 23 ao 24 de xaneiro en Ferrolterra, pero tamén en outros pontos do estado. Podes saber maís dela neste enlace: explosivo.

A cuestións metereolóxicas son as veces ingobernábeis, mais o problema ben cando a día de hoxe, 29 de xaneiro, perto de 7.000 familias galegas continúan a escuras no norde das provincias de A Coruña e Lugo, na Galiza. Levan máis seis días sen luz e cando escoitan falar de Unión Fenosa acéndense, valga o paradoxo.

A eléctrica que abastece estes lugares comeza a gañarse o apelativo de "Penosa", que algúen acertadamente lle puxo. "Chamas e míntente", comenta enfadada unha veciña de Valdoviño, "o luns dixeron que en poucas horas teriamos luz. O martes o mesmo... pasaron tres días e nada".

Ademáis non hai traída de auga en algunhas zonas de Valdoviño, ficando sen subministro pois dependen de pozos que funcionan con bombas electricas.

Deste tema e máis do litixio que o sindicato libertario CNT vén de gañarlle a SGAE, falamos na última edición de Divertimento para pequenos monstros. Unha conexión con unha veciña do concello de Valdoviño (A Coruña) e unha entrevista a Eliseo Fernandez da CNT - Ferrol, completan o programa.

Máis info en www.pequenosmonstros.blogspot.com

Descargar o arquivo

27 janeiro, 2009

002 Aquilo que vibra

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjRg0rGiBOuI-muvMRh_BV-i2l2KzO7r4sNuARyt5wNtYYlxBPZNTJHXZhOI6vMa-vTYOa_lGbr819D4gthLS9XIBfKmiAQD-hpYyIfel_QrsjnvV3ns54ai7MqEObO0vvFE9HD/s1600/aquiloquevibra.jpg
Aquilo que vibra do 26 de Xaneiro de 2009

Descargar o arquivo

008 O Recuncho

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiLqSS-0wgRuOyfmBFXtH3qwtqjtFedL0U86MWpBEeXyFLsyRG7d4cXuLf01RgTSjfTNrFSfIyjfjVOaLC7QXCKjDLfnhlqwXBm-73Cj7AcsBGrCeRmjnQXG7zeihc3zLuXFxL_/s1600/orecuncho.jpg
Este sábado 24 de Xaneiro de 11 a 13 horas en Radio FilispiM,(93.9 FM) emitiuse en directo a octava edición de "O Recuncho" o programa radiofónico da A.C. "Fuco Buxán".
  • Neste programa seguiremos prestando unha gran relevancia aos sucesos acontecidos en Palestina, falando en directo vía telefónica con Mohammed Safa, representante da OLP en Galicia.
  • Estivemos na manifestación en contra dos ataque sionistas de Israel en Palestina xunto con 15.000 personas, e tivémola oprtunidade de falar con cidadáns árabes que estaban na manifestación, con representantes do grupo de xudeus antisionistas, con Antón Reixa ou con Yolanda Díaz.
  • Falaremos da homenaxe que a Asociación Memoria Histórica Democrática dedicará a Amada García, a comunista mugardesa fusilada en San Felipe un 27 de xaneiro, hai 71 anos.
  • En directo, no plató, Cholo, un dos creadores do portal de internet Komunikando.net, punto de encontro na música galega non subvencionada, e tamén socio e parte activa do Colectivo OPAII.
  • Tamén vía telefónica, falaremos con Dolores, vicepresidenta de Asociación Dereito a Morrer Dignamente, a cal nos falará da homenaxe realizada a Ramón Sampedro.
Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]