A cuestións metereolóxicas son as veces ingobernábeis, mais o problema ben cando a día de hoxe, 29 de xaneiro, perto de 7.000 familias galegas continúan a escuras no norde das provincias de A Coruña e Lugo, na Galiza. Levan máis seis días sen luz e cando escoitan falar de Unión Fenosa acéndense, valga o paradoxo.
A eléctrica que abastece estes lugares comeza a gañarse o apelativo de "Penosa", que algúen acertadamente lle puxo. "Chamas e míntente", comenta enfadada unha veciña de Valdoviño, "o luns dixeron que en poucas horas teriamos luz. O martes o mesmo... pasaron tres días e nada".
Ademáis non hai traída de auga en algunhas zonas de Valdoviño, ficando sen subministro pois dependen de pozos que funcionan con bombas electricas.
Deste tema e máis do litixio que o sindicato libertario CNT vén de gañarlle a SGAE, falamos na última edición de Divertimento para pequenos monstros. Unha conexión con unha veciña do concello de Valdoviño (A Coruña) e unha entrevista a Eliseo Fernandez da CNT - Ferrol, completan o programa.
Máis info en www.pequenosmonstros.blogspot.com
Descargar o arquivo
Nenhum comentário:
Postar um comentário