Pesquisar neste blog

13 janeiro, 2009

O Tragasons, algo máis ca un novo programa na Rádio FilispiM.

[tragasons.jpg]
Um novo programa sai à luz esta semana: O Tragasons, umha produçom de Mapamundi Radio realizada em galego-português com a intençom de divulgar as músicas do mundo no âmbito da Galego-Lusofonia, a lançar pontes entre Galiza, o resto de países lusófonos e qualquer lugar do mundo onde haja quem fale a nossa língua comum.

Começam este janeiro de 2009 as suas emissões em Rádio Filispim de Ferrol (Galiza) e Radio ELA de Madrid, numha iniciativa aberta a ser emitida livremente por todas as emissoras de Galiza, Portugal, Brasil e o resto do mundo que o solicitarem aos seus autores en neste enderezo radio@mundimapa.com

Coma todas as propostas de Mapamundi Radio de seguro será tudo um sucesso.

Estes son os horarios nos que poderás ouvir O Tragasons, na Rádio FilispiM, 93.9 FM, a livre e comunitaria da Terra de Trasancos:
  • Segundas (luns), de 12:00 a 13:00 h.
  • Cuartas (mércores), de 17:00 á 18:00 h.
  • Sextas (venres), de 15:00 á 16:00 h.
Ademáis, dende este reprodutor poderás escoitar, cada semán, un novo Tragasons:

12 janeiro, 2009

007 O Recuncho

[orecuncho.jpg]
Como era de esperar, O Recuncho trae ampla informacións sobre os acontecementos en Palestina. Cooperantes Internacionais que traballan en defensa dos Dereitos Humanos na Franxa de Gaza testifican sobre os acontecementos das últimas horas. Falamos con Jorge Rodríguez voluntario da Ong Solidariedade Internacional, que andivo fai pouco por Israel e Palestina. Ademais en todo o mundo se están a producir concentraciós e manifestacións en contra do terrorismo sionista, e Galiza non podía ser menos; contámosvos as concentracións en Ferrol, así como a reunión de colectivos en Santiago en defensa de Palestina.

No Foro Social Galego coñecimos a Redes Cristianas, e vos ensinamos o seu sorprendente manifesto pola laicidade. Na entrevista de hoxe acompáñannos Fanny e Paula, coordinadoras da Ong Ayuda en Acción na comarca de Ferrolterra. Falamos coa asociación AGAPANT, directamente con Eva Ventín, de Vigo; para falar deste tema: O 65% dos traballadores de CNN en Español Radio estám inhabilitados e baixo ameazas de morte.

Seguimos dentro de 15 dias.

Descargar o arquivo

013 Spanglish

[spanglish.jpg]
Set list do Spanglish do 9 de Xaneiro
  • Black Rebel Motorcycle Club – Baby 81 – “Weapon of choice”
  • Joe Crepúsculo – Supercrepus – “Baraja de cuchillos”
  • The Presets – Apocalypso – “Talk like that”
  • Altered images – “I could be happy”
  • Los Coronas – “Last wave”
  • Los Coronas – “Hacha de guerra”
  • Klapa Ragusavecchia – Rah-ha-ha remix by Per Boysen – Skoro sam se junak ozenio”
  • Expérience – Nous (en) sommes encore lá – “Les aspects positifs des jeunes énergies négatives”
  • The Specials – “Friday night Saturday morning”
  • Small Coffins – “I can´t walk away”
  • The cynics – Here we are – “All about you”
  • Gecko Turner – Manipulado – “Sycamore blues”
Descargar o arquivo

10 janeiro, 2009

014 Divertimento para Pequenos Monstros

[divertimento.jpg]
Primeira edición de Divertimento para pequenos monstros xa no ano 2009 en Rádio FilispiM, 93.9FM, a libre e comunitaria da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol (A Corunha-Galiza).

Nesta edición falamos de:
  • A traxedia dun pobo: o palestiniano.
  • Primeiro festival da Digna Raiba en Chiapas - México.
  • XIV Festival Treme a Terra de Pontedeume (A Corunha).
  • Concerto en apoio ao centro social laboratorio okupado "As Atochas", en Monte-Alto (A Corunha).
Selección musical, comentarios e realización a cargo do Pequeno Monstro.

Máis info en www.pequenosmonstros.blogspot.com

Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]