Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]
12 janeiro, 2009
007 O Recuncho
Como era de esperar, O Recuncho trae ampla informacións sobre os acontecementos en Palestina. Cooperantes Internacionais que traballan en defensa dos Dereitos Humanos na Franxa de Gaza testifican sobre os acontecementos das últimas horas. Falamos con Jorge Rodríguez voluntario da Ong Solidariedade Internacional, que andivo fai pouco por Israel e Palestina. Ademais en todo o mundo se están a producir concentraciós e manifestacións en contra do terrorismo sionista, e Galiza non podía ser menos; contámosvos as concentracións en Ferrol, así como a reunión de colectivos en Santiago en defensa de Palestina.
No Foro Social Galego coñecimos a Redes Cristianas, e vos ensinamos o seu sorprendente manifesto pola laicidade. Na entrevista de hoxe acompáñannos Fanny e Paula, coordinadoras da Ong Ayuda en Acción na comarca de Ferrolterra. Falamos coa asociación AGAPANT, directamente con Eva Ventín, de Vigo; para falar deste tema: O 65% dos traballadores de CNN en Español Radio estám inhabilitados e baixo ameazas de morte.
Nenhum comentário:
Postar um comentário