Pesquisar neste blog

09 janeiro, 2009

S.O.S. Gaza - Non ao xenocidio en Palestina!!!



S.O.S Gaza - Non ao xenocidio!!

VENRES, 9 DE XANEIRO
ÁS 8 DA TARDE
CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIDAD CON PALESTINA
Frente ao Edificio Admvo. da Xunta de Galicia
Praza de Amada Garcia - FERROL
Acude e difunde!!

DOMINGO, 18 DE XANEIRO
ÁS 12 DO MEDIODIA
MANIFESTACIÓN EN SOLIDARIDAD CON PALESTINA
Na Alameda de Santiago de Compostela
Acude e difunde!!

06 janeiro, 2009

001 Aquilo que vibra

[aquiloquevibra.jpg]
Nesta edición de Aquilo que vibra, o programa presentado por Pedro Ferrandez e Marcos Lorenzo, trata a situación en Palestina, o barrio de Canido e ofrecen algunhas recomendacións literarias, acompañadas de música de Eyeless in Gaza e Nico

Descargar o arquivo

02 janeiro, 2009

Spanglish, por fim, na rede para o mundo enteiro

[spanglish.jpg]
Ano novo, vida nova!!!, @s companheir@s de Spanglish, decidirom ponher-se a andar este ano e ir subindo o seu programa à rede para que o poidam escoitar ou descarregar aqueles que nom recolhem o sinal de Rádio FilispiM polo ar.

Spanglish emítese en Rádio FilispiM 93.9FM:
  • En directo, os venres ás 20:00hs.
  • Repeticións, domingos ás 12:00hs. e martes ás 15:00hs.

Também podes seguir as peripecias de Spanglish no seu Fotoblog e escoitar os seus programas pola rede.

http://spanglishradio.blip.tv/rss


Put my show and this player on your website or your social network.

013 Divertimento para Pequenos Monstros

[divertimento.jpg]
Ultima edición de Divertimento para pequenos monstros do ano 2008, ao través de Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Nesta edición falamos de:

  1. Convocatoria do primeiro Foro Social de Rádios Libres e Comunitarias, dentro do Foro Social Mundial que terá lugar en Belém do Pará (Brasil), entre o 27 de xaneiro e 1 de Febreiro de 2008, co fin de artellar unha rede de produzón e transmisión de audios xerados a propósito do Foro Social.

  2. O proxecto que regulará as radios na comunidade Canaria non contempla a existenza (legal) das radios libre e comunitarias. Unha vez maís, pese as recomendacións de AMARC (Asociación Mundial de Rádios Comunitarias) e a propia Unión Europa quen na súa resolución do 25 de setembro e 2008 pedía aos seus estados membros o "recoñecemento legal aos medios comunitarios (terceiro sector da comunicación), como grupo concreto e definido, ao igual que se fai cos medios de comunicación comerciais e público".

  3. Conexión telefónica coa Casa das Atochas, ou centro social laboratorio ocupado en A Coruña. A punto de cumprirse un ano da okupación e xestión "dumha casa de dous pisos e um extenso garagem no centro especulativo do coraçom da Corunha. Um territorio liberado da violencia urbanística que conforma un espaço de criaçom contracultural e antagonista". Falamos cun dos membros da asemblea do espazo okupado e integrante do grupo de traballo do proxecto de radio libre, Rádio Krime, que están a practicar unha nova fenda de comunicación libre neso que chaman espectro radioeléctrico, e que din "patrimonio común da humanidade".

Máis info. en www.pequenosmonstros.blogspot.com

Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]