Nesta edición falamos de:
- Convocatoria do primeiro Foro Social de Rádios Libres e Comunitarias, dentro do Foro Social Mundial que terá lugar en Belém do Pará (Brasil), entre o 27 de xaneiro e 1 de Febreiro de 2008, co fin de artellar unha rede de produzón e transmisión de audios xerados a propósito do Foro Social.
- O proxecto que regulará as radios na comunidade Canaria non contempla a existenza (legal) das radios libre e comunitarias. Unha vez maís, pese as recomendacións de AMARC (Asociación Mundial de Rádios Comunitarias) e a propia Unión Europa quen na súa resolución do 25 de setembro e 2008 pedía aos seus estados membros o "recoñecemento legal aos medios comunitarios (terceiro sector da comunicación), como grupo concreto e definido, ao igual que se fai cos medios de comunicación comerciais e público".
- Conexión telefónica coa Casa das Atochas, ou centro social laboratorio ocupado en A Coruña. A punto de cumprirse un ano da okupación e xestión "dumha casa de dous pisos e um extenso garagem no centro especulativo do coraçom da Corunha. Um territorio liberado da violencia urbanística que conforma un espaço de criaçom contracultural e antagonista". Falamos cun dos membros da asemblea do espazo okupado e integrante do grupo de traballo do proxecto de radio libre, Rádio Krime, que están a practicar unha nova fenda de comunicación libre neso que chaman espectro radioeléctrico, e que din "patrimonio común da humanidade".
Máis info. en www.pequenosmonstros.blogspot.com
Descargar o arquivo
Nenhum comentário:
Postar um comentário