Pesquisar neste blog

17 janeiro, 2026

Sábados no Cruceiro - Programa 40 - Falamos coa piloto de avión Carme de Castro e coñecemos a música de XoPa




Joaquín Enríquez e Chelo Carballal conversaron este sábado con Carmen de Castro Olveira, que con tan só 23 anos conseguiu o seu soño: convertirse en copiloto de aviación profesional. Con ela falamos da súa experiencia como piloto de avión e tamén a súa outra paixón, a música, como integrante da banda de música de Caamaño. 

Rematamos o programa con música que nos chega de XoPa co seu 4 single Midnight Club 

Sábados no Cruceiro pode escoitarse en Radio Filispim, Cuac FM, Radio Fene e Radiofusión e nas plataformas ivoox spotify e podgalego




A Xanela das Fucas Nº 138 (15-1-26)

 


Convidamos a   Eugenia  M Sanmartin Alonso pra  que nos presente o  ultimo traballo no que  participou 
coma   directora:   A Culpa de Laura. Obra escrita por   Beni   Suárez   quen  forma parte do teatro Amador    A   Tenencia.Nos  contou como foi a sua chegada  o mundo do Teatro despois de abandonar  os estudos de Inxenieria de Montes.
Grazas  por compartir unha tarde de  lembranzas   e emocions.
Convidada:  Eugenia Manuela  Sanmartin Alonso
Fucas que participan en directo:    Chelo Carballal Balsa
AUDIOS:  Os corpos marcados.   Eugenia Sanmartin Actriz
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella, (Nicola Piova);   Libre Palestina, Palestina Libre (Video Lyrics).

14 janeiro, 2026

Rúas Sonoras Programa Nº1 - 28.12.2025




Arrinca Rúas Sonoras, programa adicado ao Rap local e global. Un espazo fiel a súa esencia underground e ao seu carácter reinvindicativo. 
O programa consta de tres seccións : Túnel do tempo (Historia do rap) Versos do Norte (rap dende Galiza) e Zona underground (rap global)
Presentado por Lobish Oito e Anita K Pasa.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]