Pesquisar neste blog

13 novembro, 2025

A Xanela das Fucas Nº 134

 Resumen: Programa Nº 134  (13-11-25)

 Convidamos a Ana  Rodriguez Fernandez e  a   Angela Justo Rodriguez,  duas traballadoras sociais que nos relatan a situación   dos Equipos   de  Proteción  de Menores  da Xunta de Galicia.

Declarar a unha  pesoa  menor en situación de desamparo é unha medida extrema para garantir os seus dereitos e obriga a unha intervención inmediata da administración, neste caso, da autonómica e a local.

Señalan a especial situación  na Area de Ferrol  onde non exieten  medios que  continuen  co  traballo posterior   a sua intervencion  con un programa basico de Eduicaión Familiar  tan importantes e necesarios como os profesionais  de saude  de Atencion Pimaria.

Reclaman tamen  unas mellores condicions de traballo en relación a sua seguridade e condicios laborais.

Demostraronnos  unha gran pasion polo seu traballo e moita implicación  ca problematica co  mundo infantoxuvenil .

Quedamos con moito desexo  de volver a conversar con elas de temas como por exemplo os menores de fora  acollidos  en  macro-centros .

ConvidadasAna  Rodriguez Fernandez/  Angela Justo Rodriguez.

Fucas que participan en directo:   Chelo Carballal Balsa,   

 A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella, (Nicola Piova);       La cara amable del  mundo  ( Rozalen); Here Come - The  Sun  (The  Beatles) ;   Libre Palestina, Palestina Libre (Video Lyrics). 

12 novembro, 2025

Metendo Baza Nº 3

Metendo Baza Nº 3 

Neste terceiro programa de Metendo Baza, participamos Sara Naveiras, Manolo López, Sara Bustabad, Carmen Brage, Merce Alonso e Teresa Vázquez. 

Continuamos có percorrido da nosa asociación, coa inauguración do local actual no ano 2010 e entrevista a Vicente Irisarri, como alcalde naqueles anos, e as xornadas de sensibilización Trazando o seu futuro; ao tempo que esbozamos os apartados que haberá nos sucesivos programas: actualidade teimuda, comunicacións e transporte, axenda culturla e musical da comarca e canal de denuncia, entre outros.

10 novembro, 2025

Infos semanais da FilispiM, 10/11/2025


Informativo semanal Rádio FilispiM, 10
/11/2025

Sumario:

  •  Noticias dialogadas. Lupe e Inacio, falan do paradoxo ferrolá: milleiros de vivendas baleiras, centos delas públicas, mais o acceso a umha vivenda digna e asequível continúa a ser un problema.
  •  III Foro Alvixe. "A Violencia de xenero dixital: A violencia invisible". 13 de Novembro, dende as 16h ata as 20h no salón de actos do Vicerectorado do Campus de Ferrol. Informa Chelo Carballal.
  •  Manifestación pola defensa do tren de Ferrolterra, Eume e Ortegal: Domingo 30 novembro, ás 12h, dende a Estación de Tren de Ferrol. Informa Ana Lucecú.
  •  Actos e actividades da A.C. Memoria Histórica Democrática para as vindeiras semanas. Informa Fer Ocampo.
  • Non esquecemos ao pobo palestino. Intervención na Cazolada contra a Fame e o Xenocidio que inflixe o estado sionista de Israel ao pobo palestino en Gaza, organizada polo colectivo Ferrol con Palestina o pasado 3 de novembro de 2025. Toma de son: Inacio Edición: pequenomonstro
  • Mortes laborais ou assassinatos da patronal. Edu Comochocnto, sobre um texto de Javier Ballesteros.
  • Estrea da promo da Festa do XX Aniversario FilispiM. Non a perdas! O sábado 15 de novembro no CC de Canido entre ás 17:00 e 21:00 h. Ana Lucecú / Oscar
  • Os catro integrates da banda de indie BATALHA (Oscar Quant, Melo, Manel e Dimitri) que estarán xunto a ECO na Festa do XX Aniversario da FilispiM, deixaron unhas verbas convidándovos a participar da festa da radio libre da nosa comarca. Pepe Cunha, condutor de Ábrete de Orellas, quen animará a festa como Dj, fai o propio. Informa pequeno monstro
  • Finalizaremos cunha Axenda de actos que pode ser do teu interés. pequenomonstro
Condución/edición: pequenomonstro.
Redación filispiniana.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]