Pesquisar neste blog

21 fevereiro, 2025

O Faladoiro de FilispiM, nº 2 - A saúde da nosa Lingua a exame.

Segundo Faladoiro de Filispim. Nesta ocasión participan César, Inácio, Césio, Vicente e como convidado Francisco Gil, portavoz comarcal da plataforma Queremos Galego.

A situación de emerxencia da nosa lingua centrou de forma case exclusiva o contido do Faladoiro. Situación, causas, posibles solucións e accións inmediatas, foron tomando forma ao longo do Faladoiro.

20 fevereiro, 2025

A Xanela das Fucas Nº 119

 Programa  nº 119-  (13- 2--2025)

Convidamos a Mª Carmen Tapia Gómez para comentar a nova publicacion de Critica Urbana , Revista de Estudos Urbanos e Territoriais, que en iste numero ten o seguinte sumario:
MARICARMEN TAPIA  Desactivar o pensamento hexemónico ; NEUS CASAJUANA ¿Como protexer os dereitos das xeracións futuras?; SIMONE TULUMELLO Direito/s: ¿ferramenta emancipadora? TARCYLA FIDALGO RIBEIRO  O resgate dos comuns da terra a partir dos Community Land Trusts;  ELISA CRESPO; ÓSCAR IGLESIAS Por se falásemos de educación ;MIGUEL ANXO RODRÍGUEZ Contramonumentos resignificaciones ;VICENTE CASALS A ultradereita e nós; JOSÉ MANUEL LÓPEZ Transmodernidad e exterioridade. Categorías decoloniales como ferramentas para o cambio ; SERAFINA AMOROSO; IRENE ROS-MARTÍN VIVIDA. Para mellorar a vida na cidade ;ALESSANDRA ESPOSITO Le case degli altri. Una lettura critica della turistificazione di Napoli al tempo di Airbnb IVÁN MARTÍNEZ ZAZUETA De México a Palestina. Un chamado a derrubar os muros do mundo ; LUCAS SILVA PAMIO A efemeridade dá mobília: consumir e descartar .

 Fainos unha proposta musical, O baile dos que sobran , dos Prisioneros , coa cal lembramos momentos de loita de Chile, e outros paises de america latina . Tamen coméntanos novos proxectos nos que esta traballando actualmente.

A súa conversación desde a intelixencia e a serenidade achéganos sempre un raio de esperanza tan necesario nestes momentos.

 Facemos tamen referencia o acto do día 21  de Febreiro do  descubrimento da placa  “Avenida do Mar  Rafael Pillado”, no barrio de Cranza.

Recordamos   que   Critica Urbana  e unha  Revista de Estudos Urbanos e Territoriais É un proxecto colaborativo. Adherida ao Manifesto sobre a ciencia como ben público global: acceso aberto non comercial e á Declaración DOURA. Subscrición gratuíta. www.criticaurbana.com.

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa, Laura Couto Vilches, Ana B. López Verez;  Eva Tizon Bouza.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;    El Baile de los que Sobran   ( Los prisioneros ); O que hay detrás  de El Baile de los que Sobran  La Canción de todos. Honrar la vida  (Mercedes Sosa).

19 fevereiro, 2025

Informativos da Rádio FilispiM 20/02/2025

Informativos da Rádio FilispiM 20/02/2025. - 

Sumario:

  • Celia Fernández fai un chamamento á participación no ciclo de cultura democrática “Cóntamo ti” coa temática “Defende a galega” que se realizará o próximo venres 21 de febreiro ás 19:30 h. no Centro Cívico de Canido. Esta palestra contará coa presenza dos xornalistas Raquel Lema e Alfonso Hermida.

  • A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática informa do acto institucional de descubrimento da placa de denominación da Avenida do mar Rafael Pillado o próximo venres 21 de febreiro ás 17:30 h.

  • Edu Comochoconto, da Radio Raposeira, envíanos un resumo da rolda de imprensa sobre o julgado das detidas no Burger King o 6 de outubro de 2024 en Compostela, durante a manifestación de apoio a Palestina.

  • Noticias dialogadas con Lupe e Inacio: dialogan sobre a apresentaçom do livro “Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal”. 

  • Inácio Caranza envíanos o audio coa intervención de Pepe Cunha, o voceiro da plataforma “Queremos Galego” lido na ruada en Ferrol do pasado sábado 15 de febreiro.

  • A plataforma “Queremos galego” de Narón convida á ruada pola lingua marcada para o sábado 22 de febreiro ás 17:30 h. na praza da Gándara en Narón.

  • Axenda cultural:

  • A Sociedade Cultural Medulio organiza un espectáculo musical baseado na obra de Rosalía de Castro o vindeiro 22 de febreiro ás 18:00 h. na capela do Torrente Ballester. Música a cargo de Emma López Laudenbach, Nélida Santiago Sánchez e Xoam Padím. Informa Xoam Padím.

  • Joaquin Enriquez promove a terceira edición do certame “O Talentiño 2025”. 

  • Lupe Cés convídanos ao cozido caranceiro o domingo día 2 de marzo. 

  • André PequenoMonstro recomenda a festa de Entroido organizada polo Concello de San Sadurniño o venres 28 de febreiro.

  • No Centro Social Artábria o día 21 de febreiro chega Peter Punk co espectáculo “Con lingua própia”; o día 22 a partir das 13 h. hai festa rachada na sesón vermute do colectivo Pogo de Senhoras. Nesta festa haberá caldo da Glória , a música estará a cargo de Atómica DJ e ainda se fará costumización de camisolas. O domingo 23 iremos todas á manifestación pelo galego en Santiago de Compostela. Informa Silvia Bogo.

Condución/edición: Jorge Mirancos

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]