Pesquisar neste blog

07 fevereiro, 2022

Unha tarde no Muiño 134

—- Avaliación continua. Silvia Picos conversa con alumnado e profesorado do CEIP A Laxe-Valón. —- Cantos e contos no Muíño, por Antón Cortizas. —-Outro mundo é posible. Rafa Rodríguez entrevista a  Anxeles Fernández, muller, xubilada e okupada. —-Caderno de notas dun reformado. Enerxía , crises e desenvolvemento humano, por Rafa Aguirrebengoa. —- O problema do amianto hoxe. Entrevista a Carmen Diego Roza , Xefa de Neumoloxía do Área Sanitaria de Ferrol.

05 fevereiro, 2022

A Xanela das Fucas nº 67

 

     A Xanela   das Fucas  nº 67  (3-2-22)

 

Comezamos o programa dando boas noticias: felicitando ás compañeiras de Alvixe porque a Audiencia Provincial absolve a Beatriz Sextayo Doce dun delito de inxurias a un xuíz, por tachalo de machista , polo seu comportamento no xulgado de Ferrol.

Entrevistamos a Antía Pérez Caramés coordinadora do monográfico : Os coidados na encrucillada do cambio social, correspondente ao nº 5 da Revista Atlánticas.

  Antia   e profesora contratada doutora na Facultade de Socioloxía da Universidade dá Coruña e integrante do Equipo de Investigación Sociedades en Movemento ( ESOMI), así como do Centro de Estudos de Xénero e Feministas ( CEXEF) da devandita universidade. Pertence tamén ao Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega. Doutora en Socioloxía e especializada en Demografía, os seus intereses investigadores céntranse no estudo das migracións internacionais, o envellecemento demográfico e a análise das relacións de xénero e os coidados. Recentemente editou, xunto con Renée DePalma o libro Galician Migrations: A Case Study of Emerging Super- diversity ( Springer, 2017).

No monográfico plántase que os coidados foron un obxecto de interese dos estudos feministas e de xénero desde os seus inicios, sendo unha das principais preocupacións das pioneiras da Socioloxía, pero tendo tamén unha particular relevancia no feminismo dos setenta. Na actualidade, a crise dos coidados, exacerbada pola pandemia de coronavirus, puxo de relevo a vixencia desta temática de investigación na que se entrecruzan diversos paradigmas teóricos e contribucións que interrogan críticamente os cimentos da división sexual do traballo, os fundamentos do Estado (particularmente, do Estado do Benestar) e as políticas públicas.

 Grazas Antia …polo teu traballo , o teu tempo….e a túa cordialidade…..

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa, Sonia   Fernández Bellas.   Eva  Tizón   Bouza 

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova);  Culpas  (Gaijas) ; Voces de ultratumba ( Chus Taboada);    Terra  ( Tanxugueiras)

 



02 fevereiro, 2022

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 383 25.1.2022

 

PETER GREEN –In Memoriam-

“Cuando eran unos adolescentes, estos chicos blancos ingleses se enamoraron de la música de los bluesmen negros. Pero luego, cuando cumplieron los veinte años, los negros, las grandes estrellas del blues, se enamoraron de la música negra de aquellos chicos blancos… y los llamaron para que vinieran a Chicago a tocar y grabar con ellos”. Con el extraordinario resultado de aquellas sesiones de enero de 1968 comenzamos nuestro programa homenaje a Peter Green, tal vez el mejor guitarrista de blues de la historia, el único que hizo sudar de verdad en un escenario a B.B. King.

Recorremos su historia -y su música- desde su primera colaboración con el gran John Mayall, la fundación y primeros años de Fleetwood Mac (hasta 1970)… su flirteo con el LSD que derivó en esquizofrenia y sus siguientes años en que, ya muy disminuido física y mentalmente, siguió tocando, grabando y girando (con interrupciones duraderas) por medio mundo en solitario o con su Splinter Group. Finalmente, diez años de silencio total, hasta su fallecimiento el 25 de julio de 2020… Need Your Love So Bad, Peter.

 

 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails