Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

05 fevereiro, 2022

A Xanela das Fucas nº 67

 

     A Xanela   das Fucas  nº 67  (3-2-22)

 

Comezamos o programa dando boas noticias: felicitando ás compañeiras de Alvixe porque a Audiencia Provincial absolve a Beatriz Sextayo Doce dun delito de inxurias a un xuíz, por tachalo de machista , polo seu comportamento no xulgado de Ferrol.

Entrevistamos a Antía Pérez Caramés coordinadora do monográfico : Os coidados na encrucillada do cambio social, correspondente ao nº 5 da Revista Atlánticas.

  Antia   e profesora contratada doutora na Facultade de Socioloxía da Universidade dá Coruña e integrante do Equipo de Investigación Sociedades en Movemento ( ESOMI), así como do Centro de Estudos de Xénero e Feministas ( CEXEF) da devandita universidade. Pertence tamén ao Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega. Doutora en Socioloxía e especializada en Demografía, os seus intereses investigadores céntranse no estudo das migracións internacionais, o envellecemento demográfico e a análise das relacións de xénero e os coidados. Recentemente editou, xunto con Renée DePalma o libro Galician Migrations: A Case Study of Emerging Super- diversity ( Springer, 2017).

No monográfico plántase que os coidados foron un obxecto de interese dos estudos feministas e de xénero desde os seus inicios, sendo unha das principais preocupacións das pioneiras da Socioloxía, pero tendo tamén unha particular relevancia no feminismo dos setenta. Na actualidade, a crise dos coidados, exacerbada pola pandemia de coronavirus, puxo de relevo a vixencia desta temática de investigación na que se entrecruzan diversos paradigmas teóricos e contribucións que interrogan críticamente os cimentos da división sexual do traballo, os fundamentos do Estado (particularmente, do Estado do Benestar) e as políticas públicas.

 Grazas Antia …polo teu traballo , o teu tempo….e a túa cordialidade…..

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa, Sonia   Fernández Bellas.   Eva  Tizón   Bouza 

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova);  Culpas  (Gaijas) ; Voces de ultratumba ( Chus Taboada);    Terra  ( Tanxugueiras)

 



Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails