Pesquisar neste blog

24 setembro, 2010

Rádio FilispiM, abre o prazo presentación de propostas radiofónicas para o curso 2010/2011.

Nota de prensa COLECTIVO OPAíí!- Rádio FilispiM, 93.9 FM

Un ano máis, Rádio FilispiM oferece o seu estudio de radio aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para realizaren un programa de radio.
Aqueles interesad@s deberán enviar as propostas radiofónicas [a máior brevidade e o máis detallada posíbel] ao enderezo: filispina@gmail.com

No apartado “Quen Somos?” deste blogue do Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, , atoparás toda a información relativa a nós, unha radio libre e comunitaria [terceiro sector da comunicación] que vén de cumprir un lustro de emisións e pola que teñen pasado dúcias de persoas e colectivos radioapaixoados da nosa comarca.

O pistoletazo de saída da nova configuración da grella 2010/2011 de Rádio FilispiM, que contará cunha chea de novidades e surpresas, será o vindeiro o luns 4 de outubro.

Por outra banda, informamos que Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará un programa especial seguimento da Folga Xeral en Ferrol e comarca o vindeiro mércores 29 de setembro.

Ferrol, 24 de setembro de 2010.
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM.

21 setembro, 2010

Probas son Rádio FilispiM e axuste equipas técnicas, nova ubicación do estudio en Caranza [Ferrol] 17/09/2010


Documento sonoro histórico que ten que ver co acontecido durante as probas de emisión e son de Rádio FilispiM, logo do traslado ao novo local en Caranza [Ferrol].

O audio ten capítulos emocionantes, outros alucinantes, surreais e incluso delirantes. Sempre con bon humor e comezando por rirnos de nos mesm@s, como ten que ser.

Lembra que podes comentarnos neste blogue como se escoita a nosa sintonía dende o cambio que fixemos do noso "centro emisor" [Caranza]. Inda que todo indica que a nosa sintonía agora chega moito mellor aos diversos bairros trasanqueses, queremos completar ese mapa filispiniano.

Rádio FilispiM, 93.9 FM. Sen dúbida, non há cosa igual no dial.


Descargar o audio

18 setembro, 2010

Rádio FilispiM reanuda as súas emisións no 93.9 FM, logo do cambio de ubicación do estudio por obras no Ateneo.

Como consecuencia das agardadas obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, véuse obrigado a abandonar o mítico estudio "metro cadrado"o pasado 29 de xuño de 2010 e a procurar un novo espazo. Como consecuencia desto,  tivemos un apagon de pouco máis de dous meses e medio nas nosas emisións, que no pasado mes de agosto de 2010 farían cinco anos.

Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes (sexta feira, 17 de setembro) conseguiron volver as ondas as emisións da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende a traseira do Mercado de Caranza (Ferrol).

As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía (93.9 FM) nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes a este blog e vía  e.mail a filispina@gmail.com

Ao pé desta entrada ofeceremos as imaxes da instalación das equipas no novo estudio do bairro de Caranza (a historia paso a paso). O audio estámolo a editar.

En breve daremos información sobre como participar na vindeira grella da Rádio FilispiM (2010/2011), que estreará a nova ubicación. Así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.

Finalizamos este comunicado agradecendo a solidaridade de todas aquelas persoas que amosaron a súa disposición a colaborar na procura dun novo espazo para a radio libre e comuntaria de Trasancos, durante estes dous meses e medio que durou esta nova batalla "filispiniana". Grazas sobre todo por colaborar con xeneroxidade e sen protagonismos, de acordo aos principios fundacionais do Colectivo Opaii! -Rádio FilispiM. Obrigad@s a tod@s!! Avante coa rádio libre e comuntária!!


Foto superior: re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.
Carrusel de imaxes: instalación do novo estudo da FilispiM no local da traseira do Mercado de Caranza.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails