18 Setembro, 2010

Rádio FilispiM reanuda as súas emisións no 93.9 FM.

Como consecuencia das agardadas obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM véuse obrigado a abandonar a súa sede social e a procurar un novo espazo. Ademáis interrompeu as súas emisións, que no pasado mes de agosto de 2010 fixeron cinco anos.

Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes [sexta, 17 de setembro] conseguiron volver dar luz a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende Caranza [Ferrol].

As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía [93.9 FM] nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes no blogue http://opaii.blogspot.com ou no e.mail filispina@gmail.com

Ao pé desta entrada ofeceremos as imaxes do traslado [a historia paso a paso]. O audio estámolo a editar.


En breve daremos información sobre como participar na vindeira grella da Rádio FilispiM [2010/2011], así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.

Finalizamos agradecendo a solidaridade daqueles que amosaron a súa disposición co Colectivo - Opaíí! - RFM, durante este breve periodo de "silencio" filispiniano. Obrigad@s!!!, xa estamos outra vez no ár, libres!!!


Foto superior: re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.

3 comentarios:

Saúde e Liberdade ! disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Saúde e Liberdade ! disse...

Parabéns !!

Em Catabois, nas inmediaçons do Hospita "Arquitecto Marcide" e no Parque de Caranza "Carmelo Teixeiro" escoita-se moi bem.

Saúde e Liberdade !

Inácio

O Pequeno Monstro disse...

En zona de R/Lepanto [Caranza] escoitase moitisimo mellor que antes,en Esteiro segue a escoitarse moi ben.

En Fene escoitase igual [aceptábel]. Dirección Coruña [Laraxe] comeza a escoitarse mal [peor que antes].

Paradoxalmente, xa en Corunha City, escoitase moito mellor [sempre dende a radio do carro] en zonas como Orillamar [o escaner da radio incluso parábase automaticamente ao poñelo a buscar emisoras].

En resumo: gañamos cobertura [a esto traducirase en ouvintes potenciais] nos bairros de Ferrol [seguro que en Narón, Neda e Xubia] e perdimos cobertura en terra de "ningúen" [algúen ten datos da zona de Narón, Neda, Xubia????].

Related Posts with Thumbnails