Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Terceiro Sector Comunicación. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Terceiro Sector Comunicación. Mostrar todas as postagens

18 junho, 2010

Frank La Rue, Relator Especial de Liberdade de Opinión e Expresión da ONU: "È preciso recoñecer aos medios de comunicación comunitarios".

O Relator Especial de Liberdade de Opinión e Expresión da ONU, Frank La Rue, vén de presentar ante o Consello de Dereitos Humáns das Nacións Unidas o seu II Informe sobre a situación da Liberdade de Expresión no mundo.

Aconteceu o pasado 3 de xuño de 2010 en Xenebra, Suíza, no marco do seu 14º período de sesións [ver enlaces ao pé desta entrada].

O devandito informe destaca no seu Capítulo III, apartado B, Inciso 4, a importancia que ten para o exercicio da liberdade de expresión a radiodifusión comunitaria polo que demanda dos Estados a creación dun marco legal de telecomunicacións baseado en principios democráticos e cuxo obxectivo sexa o acceso de todos os sectores sociais ás frecuencias radioeléctricas de xeito equitativo.

A Relatoría fai mención dunha serie de consultas rexionais que se realizaron xunto coa Asociación Mundial de Radios Comunitarias [AMARC], sobre os 14 Principios para un Marco Regulatorio Democrático sobre Radio e Televisión Comunitaria, os cales foron presentados inicialmente ante a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, e iniciadas as consultas e traballadas coa súa Relatoría Especial de Liberdade de Expresión.

Para rematar no seu Capítulo de Conclusións e Recomendacións a Relatoría establece que "Os medios de comunicación comunitaria constitúen instrumentos efectivos para cumprir coa función do exercicio do dereito á liberdade de opinión e expresión de todos os sectores sociais, sen discriminación algunha conforme ao principio de pluralismo e diversidade que debe rexer o exercicio deste dereito", polo que se recomenda aos Estados establecer o marco legal que recoñeza e regule a comunicación comunitaria dentro do marco dos 14 Principios para un Marco Regulatorio Democrático sobre Radio e Televisión Comunitaria propostos inicialmente por AMARC e establézase un balance equitativo entre os medios comunitarios, os comerciais e os públicos ou estatais.

A inclusión de devanditos principios no informe do Relator Especial de Liberdade de Opinión e Expresión da ONU, Frank La Rue, constitúe un precedente importante que marca a pauta no recoñecemento dos medios comunitarios como parte do cumprimento das obrigacións en materia de dereitos humanos por parte dos países. Xa que logo, AMARC saúda devandito informe e fai un chamado aos Estados a fin de que leven a cabo as accións necesarias para implementar devanditos principios.

Enlaces:
- Informe Relator Liberdade Expresión ONU xunho 2010_[versión castelán].pdf
- Informe Relator Libertade Expresión ONU xunho 2010 [versión inglés].pdf

21 abril, 2010

Balanzo da Asemblea da ReMC [Rede estatal Medios Comunitarios].

Durante a pasada fin de semana celebrouse na localidad de Torremolinos, en Málaga, a Asamblea de la Rede estatal de Medios Comunitarios, [ReMC], da que é membra Rádio Filispim. Nela, aprobaronse importantes medidas logo da súa constitución hai agora un ano.

Baixo a organización da emisora comunitaria de Málaga, Onda Color, trataronse cuestións como as nuevas solicitudes de adhesión a la Rede, o orzamento para o ano 2010, o estabelecemento de protocolos de organización interna e o repaso e planificación dos Grupos de Traballo da Rede estatal de Medios Comunitarios [ReMC]

Todos os detalles desta Asamblea con Alejandro Blanco, de Onda Color, ao través do informativo Más Voces [difundido por moitas radios libres e comunitarias do estado, dentre delas Rádio Filispim]:





Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

25 março, 2010

Radios libres e comunitarias no Estado español: 30 anos de historias, según o Ente.

Estes días os medios estatais públicos veñen de fazerse eco dos 30 anos de existenza das radios libres e comunitarias no Estado español.

Nesta reportaxe tirada dos Telediarios de TVE falan dunha parte da súa história, do "recoñecemento" outorgado pola nova Lei Audiovisual
, así como das novas reinvidicacións dos seus protagonistas.



Por outra banda, o programa Carne Cruda de Radio 3 (RNE), adicou o pasado 18 de xaneiro de 2010, un especial donde Radio Pica (Barcelona), Radio Vallekas e Radio Ritmo (Getafe-Madrid), falan do contido social das emisoras libres e comunitarias e das súas inquedanzas trinta anos despois da súa agachada existenza ao marxe do "mercado" e "mercaderes" da comunicación.

Podes escoitar ese programa especial neste reprodutor:

Descargar o arquivo



15 março, 2010

Mulleres nas ondas libres e comunitarias.

Moitas son as celebracións que tiveron e aínda levan a cabo en todo o mundo polo Día Internacional da Muller Traballadora. En moitas radios comunitarias e sociais, as mulleres conmemoran esta xornada cada día do ano a través do seu compromiso feminista en prol dos dereitos das mulleres. Alzando a voz, facéndose escoitar a través de programas radiofónicos con temática de xénero.

Moitas destas emisoras participativas e sen ánimo de lucro concederon moita importancia dentro dos seus contidos e a súa propia organización a participación activa das mulleres.

O día 8 de marzo aprovéitase para celebrar todo ese traballo continuado que aos poucos vai dando o seu froito nas audiencias. Un exemplo atopámolo en Radio Enlace, emisora comunitaria do norte de Madrid. Esta emisora desde fai anos ten activa a súa propia Área de Mulleres, que organiza actos sociais e culturais, pero que sobre todo manteñen cada día programas e contidos radiais que visibilizan as loitas, as denuncias, os logros e a cultura feita por mulleres. O 8 de marzo a área da Muller de Radio Enlace realizou un programa especial de 2 horas e media.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

26 fevereiro, 2010

Les radios llibres: un futuru ensin garantíes.

Do portal lesnoticies.com, tiramos un extracto dun artigo escrito na lingua propia de Asturies, relacionado co terceiro sector da comunicación [radios libres e comunitarias...]. Nel algunhas das radios do terceiro sector deste país, fálannos das súas inquedanzas fronte a inminente nova Lei Audiovisual no estado español. O texto íntegro atoparédelo neste enlace.

BEATRIZ R. VIADO [25/02/2010]
.
Les radios non comerciales, les vecinales, les asociatives o les locales va bien d’años que se mueven na indefinición llegal. Una de les sos demandes constantes ye un marcu regulador que-yos garantice la supervivencia y evite les interferencies o solapamientos que se dan nes ondes y qu’impiden un funcionamientu normal d’estos medios. El proyectu de Llei Xeneral de la Comunicación Audiovisual impulsáu pol Gobiernu de Rodríguez Zapatero reconoz, a la fin, la existencia d’esta realidá y la necesidá de regulala, anque la propuesta del Executivu nun acaba de convencer a les radios comunitaries, que ven más limitaciones que garantíes pa la so continuidá na norma.

«La llei nun recueye nenguna midida pa garantizar o fomentar la existencia d’estos medios ciudadanos, ensin ánimu de lucru, al estrablecese restricciones y esixencies que nun se faen a les emisores comerciales», declaró la Rede de Medios Comunitarios nun comunicáu publicáu a nivel estatal, que critica tamién la falta de participación cola que’l Gobiernu ellaboró’l proyectu, qu’agora mesmo ta nel Senáu pendiente d’aprobase.

Na mesma llinia, AMARC (Asociación Mundial de Radios Comunitaries) denunció qu’esti proyectu de llei «fíxose dando’l llombu a la ciudadanía» y aseguró que «discrimina a les radios comunitaries». Esta asociación afirma que l’únicu interlocutor pal Gobiernu nesti asuntu foi la Unión de Televisiones Comerciales (UTECA), lo que respuende a la so acusación de que la llei «faise con una visión empresarial de la comunicación en cuenta de diseñase como un desarrollu de derechos fundamentales».

AMARC, una ONG al serviciu de la radio comunitaria y qu’agrupa a unos 3.500 miembros en 110 países, cuestiona que nun se sigan les directrices que marca la Unión Europea pa regular les radios comunitaries. Nesti sen, el Parllamentu européu, nel informe Los Medios del Tercer Sector de la Comunicación dedicáu a los medios audiovisuales impulsaos por entidaes ensin ánimu de lucru, indicaba qu’estes canales son un «preséu fundamental pa facilitar que la ciudadanía pueda participar activamente na sociedá».

La situación n’Asturies.
En Radio Kras (105.0 FM), una de les radios llibres qu’emite dende 1985 en Xixón, considérase qu’hai una parte positiva nel proyectu: «Ye la primer vez qu’una llei reconoz los medios comunitarios, reconoz qu’existen y nómalos como medios diferentes a los públicos o los comerciales, lo que ye un avance depués de cuasi venticinco años, como pue ser el nuestru casu, de facer una comunicación alternatival», diz Falo Marcos, portavoz de la emisora. Sicasí, l’aspectu negativu ye qu’«esa mesma norma nun garantiza qu’esos medios comunitarios existan», amiesta Marcos. «Da la sensación de que la llei da más problemes pal so funcionamientu que soluciones, anque ye verdá que son cuestiones que tán por desenvolvese nos reglamentos y no que faiga cada comunidá autónoma», esplica’l portavoz de Radio Kras.

Delles de les barreres que se ven a la llei son los topes económiques que s’imponen a estes emisores, que nun pueden tener, de salir alantre la norma tal como ta, un presupuestu anual superior a los 50.000 euros nin almitir patrocinios. Frente a estos topes, Falo Marcos echa en falta que «nun se ponga nenguna midida pa que les radios comunitaries, a les que la llei-yos reconoz la importancia, puedan siguir emitiendo».

Ente les midíes que diben facilitar la supervivencia d’estos medios, tal como señala’l portavoz de Radio Kras, tán la d’acutar una parte del especiu radioeléctricu a les radios comunitaries y la de siguir l’exemplu de Francia, onde les radios comerciales paguen un canon pa subvencionar les radios comunitaries, «porque pertenecen a entidaes ensin ánimu de lucru y pa funcionar precisen, aparte de la xente asociao, dalgún apoyu económicu», esplica Marcos.

El tope de 50.000 euros anuales d’esplotación nun supón un problema nel casu concretu de Radio Kras, anque’l portavoz de la emisora recuerda qu’«hai radios que tienen dalguna persona contratada y eso yá supón una bona parte d’esa cantidá, a lo qu’hai que sumar los gastos d’arrendar el local, de mantenimientu de los equipos, etc., polo qu’al final esa cifra nun da muncho de sí». Ésta ye una de les crítiques que se fixeron dende la Rede Estatal de Medios Comunitarios, a la que pertenez Radio Kras, y que ta liderando les protestes contra’l proyectu de Llei de Medios Audiovisuales. Por estes razones, insístese en que s’articulen fórmules que dexen qu’haya estos medios. «Si nun se nos garantiza que vamos tener un puntu nel dial y que vamos poder sobrevivir económicamente va tar difícil la continuidá», afirma Falo Marcos.

Xuanxo Mariño, responsable de Radio Sele (106.1 FM), comenta que’l proyectu de llei nun quita duldes sobre «cuestiones fundamentales», como ye’l casu de la potencia que van tener les radios comunitaries: «Si nos dan 25 watios nun llegamos nin a la cera d’enfrente», indica Mariño. Con too y con eso, el coordinador de la emisora n’asturianu esclaria qu’ésti ye un puntu «que se supón que se detallará depués nel plan técnicu». Igualmente, el que se ciarre la puerta a que les radios non comerciales almitan publicidá implica «negar que medremos, que se pueda facer dalgo nuevo. Déxennos arrequexaos pa facer coses mínimes, polo que me parez que nun van cambiar muncho les coses», esplica’l responsable de Radio Sele. Nesti sen, Mariño soscribe la propuesta d’adoptar midíes asemeyaes a les de Francia, col canon pa les radios comunitaries que paguen les comerciales.

Dende Radio Nava (108.0 FM), emisora local impulsada pola asociación Aúpate, coincídese en destacar les duldes que xenera la norma y pídese que s’esclarien términos de manera que «nun entremos toos nel mesmu sacu», diz Diego Rodríguez, responsable de la emisora. «Fálase de radios pirates como si fóremos toos lo mesmo, pero ye distinto la xente que ta aprovechándose del dial con medios comerciales y que sí saquen beneficios de la publicidá, d’otros medios asociativos, llibres o comunitarios, como’l nuestru, onde se fai información d’interés xeneral y que tán abiertos a la llibre espresión de toles persones que quieran collaborar col proyectu», remarca Diego Rodríguez. Al empar, detéctase la necesidá de regular l’espaciu radioeléctricu, de manera qu’unes emisores nun pisen a otres, como ye’l casu de Radio Nava, onde’l so espaciu, tal como cuenta’l responsable de la canal, tien bien d’interferencies d’una radio relixosa qu’emite dende’l conceyu vecín de Siero. Amás, Diego Rodríguez adelántase a quien pueda ver n’Internet el futuru d’estes emisores: «Esa nun ye una solución», sostién. «Nós tamos n’Internet porque queremos y podemos, pero nun vamos renunciar al espaciu nes ondes», recalca.

Les llingües na llei.
Ún de los aspectos que toca’l proyectu ellaboráu pol Gobiernu español ye la necesidá de que los medios miren pola diversidá llingüística del Estáu. Asina, nel Capítulu I dedicáu a los Derechos del Públicu indícase que «los operadores de servicios de comunicación audiovisual de titularidá pública han promover el conocimientu y la difusión de les llingües oficiales nel Estáu y de les sos espresiones culturales. Nesti sen, han contribuír a la promoción de la industria cultural, n’especial a la de creaciones audiovisuales vinculaes a les distintes llingües y cultures existentes nel Estáu».

Aparte d’esta declaración xenérica, l’artículu 5 d’esti proyectu fala del derechu a la diversidá cultural y llingüística: «Toles persones tienen el derechu a que la comunicación audiovisual incluya una programación n’abierto que reflexe la diversidá cultural y llingüística propia», diz esti artículu. Al empar, faise un llamáu a les comunidaes autónomes con idioma propiu «p’aprobar normes adicionales pa los servicios de comunicación audiovisual del so ámbitu competencial cola fin de promover la producción audiovisual na so llingua propia».

La regulación tocante a les llingües foi ún de los puntos criticaos poles asociaciones, sindicatos y radios comunitaries, qu’esta mesma selmana, el 9 de febreru, se concentraron énte’l Senáu pa reclamar meyores pa la norma. Una de les demandes que s’espresó en Madrid foi’l «desarrollu del derechu a la diversidá llingüística incorporando porcentaxes de programación en gallegu, vascu y catalán nos sos respectivos territorios» (...)

11 fevereiro, 2010

Crónica da xornada de protesta ante a Nova Lei Audiovisual no Estado español.

A ReMC vén de informarnos que este martes 9 de febreiro de 2010, levouse a cabo unha concentración de protesta ante as portas do Senado, de Madrid. O obxecto da mobilización ten que ver coa tramitación da nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Convocados por diferentes sindicatos, a Rede de Medios Comunitarios [ReMC], a URCM e co apoio do diferentes organizacións coma a sección española da Unión Latina de Economía Política da Información, a Comunicación e a Cultura [ULEPICC], a concentración pretendeu visibilizar o descontento social ante a Lei que regulará o sector audiovisual no Estado español.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

03 fevereiro, 2010

Os medios comunitarios batallan ante a nova Lei Audiovisual.

No Estado español está en trámite no Senado a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Para a Rede de Medios Comunitarios (ReMC, na que está integrada Rádio Filispim), esa Lei responde máis a intereses das grandes empresas de Comunicación no canto de desenvolver normativamente o exercicio do dereito á comunicación audiovisual, observando todos os factores necesarios, como a garantía e promoción do servizo público, a calidade no emprego e os dereitos laborais, e a pluralidade informativa, así como o acceso e a participación social aos medios audiovisuais.

A ReMC afirma que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual segue o mesmo camiño que as ultimas medidas en materia audiovisual realizadas polo Goberno, como a retirada do financiamento por publicidade de RTVE, a fusión das televisións privadas ou a TDT de pago.

Os medios comunitarios afirman que se trata de leis que se desenvolveron con présas, sen debate, de costas á cidadanía e sen contar cos axentes sociais, só dando resposta aos intereses da Unión de Televisións Comerciais Asociadas, UTECA.

Pero ademáis, critican a falta de vontade do Goberno español de regularizar e fomentar o desenvolvemento dos medios comunitarios, que son medios de propiedade cidadá e sen ánimo de lucro, xa que aínda que a lei recoñece a existencia deste tipo de medios, logo de facto non pon as ferramentas necesarias e ademais establece tantas limitacións que se impedirá a existencia e o desenvolvemento de moitos proxectos de comunicación comunitaria.

Unha das preocupacións dos medios comunitarios, e sobre todo das radios, é o anuncio de creación dunha Axencia de Radiocomunicaciones que baixo a presión exercida pola Asociación Española de Radio Comercial anúnciase como un organismo dedicado a identificar as emisoras sen licenzas para proceder ao seu peche.

A nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual xa foi aprobada en Consello de Ministros, de aí pasou ao Congreso e actualmente atópase en trámite polo Senado. Neste percorrido estanse realizando algunhas correccións e emendas. A Rede de Medios Comunitarios [ReMC] leva moito tempo traballando para intentar achegar e incidir na redacción final da Lei.

Pola inconformide de como se está a plantexar a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, os medios comunitarios xunto a outros actores sociais, anuncian unha protesta a través dunha concentración o vindeiro martes, 9 de febreiro de 2010 ás 12 do mediodía ante o Senado, en Madrid.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

16 janeiro, 2010

Luis del Olmo, "puntualizado" por un activista da radio comunitaria da ReMC.

Durante o programa Protagonistas de Punto Radio, o xornalista Luís do Olmo falaba da existencia de 3 milleiros de radios piratas no Estado español, acusándoas de prácticas ilegais e de impedir o funcionamento das radios que el mesmo cualificou de "leais".

O programa abriu o teléfono á participación da xente e aí colouse Francisco Aragón, do movemento de radios comunitarias en Madrid e da ReMC [Rede Estatal de Medios Comunitarios]. para lembrar ás grandes cadeas de radios e ao propio Luís do Olmo, que son esas grandes radios son as primeiras que cometen ilegalidades, denunciando deste xeito a súa gran hipocrisía e as mentiras coas que enganan ás súas audiencias.

As agudas "puntualizacións" do activista da ReMC, andan a suscitar numerosos comentarios na rede:
http://corunaonline.wordpress.com/2010/01/12/pirateria/
http://debates.coches.net/showthread.php?t=165393
http://www.elplural.com/comunicacion/detail.php?id=42181

Escoita a intervención, non ten perda.


Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

11 dezembro, 2009

Os medios comunitarios presentan emendas ao proxecto de Lei Audiovisual do Estado español.


O Congreso español debate actualmente o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Existe un anteproxecto e actualmente os diferentes grupos parlamentarios presentaron as súas correspondentes emendas para terminar de dar forma ao que será a Lei que rexerá no futuro as comunicacións no Estado español.

A devandita Lei non contenta aos medios comunitarios, que tamén presentan as súas emendas á Lei.

Gorka Andraka, de Tas Tas Irratia, en Bilbao, entrevista sobre este asunto a Mikel Estarrona, integrante da propia Tas Tas Irratia, e tamén da comisión de Lexislación e Dereito á Comunicación da Rede de Medios Comunitarios (ReMC), quen analiza o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual e estima que o proxecto do Goberno español cercena o Dereito á Comunicación.

Rádio Filispim forma parte da Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC), dende novembro de 2009.






Audio tirado de Más Voces : www.masvoces.org

Video: campaña "10-D, polo dereito a comunicar", da ReMC.

25 novembro, 2009

Nace o portal galego AudioLivre.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjIBX6apXziIBe3AwjUevHp62_yrwOV04gXI4xCR-1mAAGrtU4dbly3fJOgiMxYaZM6nzMo-bv5BPxfgWItSJJQaKhG8MDwaL9WbKT08NyOHdNAB10oUBm1DE3Bjll6DSWD4Pwh/s1600/audiolivre_grande.jpg

Audiolivre pretende ser un arquivo de audios con licencias libres. Os principios que rexirán a selección de contidos serán o anticapitalismo, o antiracismo, o antisexismo, o antimilitarismo, a defensa do medio, o idioma galego e o coñecemento libre.

Audiolivre preséntase en forma de podcast, no que se poden escoitar os audios na rede, ou baixalos cadaquén ao seu computador. A páxina permite facer búsquedas, ou escoller temas da nube de etiquetas. Todos os arquivos de audiolivre están aloxados en archive.org.

Calquera persoa pode rexistrase e subir audios que considere interesantes sempre que respecten os principios enumerados anteriormente. Se queres colaborar no proxecto, facer algún comentarios ou suxerencia, ou simplemente tes un audio e non queres pasar o chollo de subilo podes contactar con nós a través do correo electrónico: audiolivre@arkipelagos.net

08 abril, 2008

Na procura do ár: pecha Radio ELO.

Son largos los caminos que algunos animales eligen recorrer para morir en cementerios de hueso, donde reposan fragmentos del movimiento desarticulado. Muchas radios libres han realizado este viaje por una u otra razón, tal vez viejas y enfermas, o tal vez heridas. Hoy, la Asamblea de Radio ELO ha echado a andar, en un viaje dificil, bordeando cementerios.

Cerramos 23 años de historia en la radiodifusión libre de Madrid. Radio ELO, la Emisora Libre de Orcasitas, no volverá al aire.

El lunes 4 de febrero de 2008 los locales desde los que desarrollábamos nuestra actividad fueron "clausurados" por la dirección actual de la Asociación de Vecinos de Orcasitas (propietaria de los mismos). Esta decisión unilateral era la respuesta de la AAVV de Orcasitas ante un expediente sancionador del Ministerio de Telecomunicaciones, que aplica de nuevo sus medidas represoras contra proyectos de radios libres.

En estos 2 meses hemos guardado silencio debido a la actitud dilatoria de la Asociación de Vecinos ante las propuestas de la Asamblea de Radio ELO de buscar soluciones conjuntas. Trabajábamos por retomar la emisión desde Orcasitas, esa última vocal de Radio ELO. No hemos podido.

Atrás queda un estudio que ha servido de lugar de encuentro para voces y músicas disidentes. Atrás quedan unos vecinos/as que han hecho suyo un proyecto colectivo como Radio ELO. Atrás queda un barrio que nos ha acogido y cuidado.

El 5 de abril de 2008 entramos por última vez en locales desde los que haciamos radio para recuperar nuestros micrófonos, nuestras mesas de mezclas, ordenadores, auriculares y la maraña de cables.

Estamos de viaje. Nos llevamos experiencia e ilusión. Nos vamos con nuestros bártulos en busca de aire.

Agudizad el oído, sintonizad entre frecuencias, esos huecos de ruido para la esperanza. Quienes hacíamos Radio ELO volveremos a sonar en vuestras radios. Radio ELO desaparece, nosotros/as no: solo dejaremos de hablar cuando esté todo dicho.

ASAMBLEA DE RADIO ELO Madrid, 5 abril de 2008


29 dezembro, 2006

Rádios Libres: Ondas de Liberdade

Por Lembas. [Articulo tirado de "alasbarricadas.org"].

Desde a creación da radio -alá por 1906 [ ver artigo en inglés]- , pretendeuse favorecer a comunicación entre as persoas. Con todo, a radio caeu rápidamente baixo o monopolio dos Estados para ser utilizadas como medios de propaganda das políticas particulares dos Estados e como medio de difusión das súas políticas. Afortunadamente, case ao mesmo tempo que as radios pioneras xurdiron iniciativas independentes de radiodifusión. As que poderiamos considerar primeiras Radios Libres foron as que a clase obreira alemá utilizou como instrumentos de contacto e coordinación durante a República de Consellos Alemá de 1918-19. En 1924 constituíase a Arbeiter-radio-club Deutschland (Radio club Obreira de Alemania) de caracter cultural e como medio para favorecer o intercambio técnico.

Unha Radio Libre é unha emisora de radio independente, de carácter non lucrativo cuxa xestión e programación elabórase de forma colectiva. A emisora non está promovida por entidades públicas, institucionais, privadas ou comerciais, senón que a leva un colectivo de persoas ou por unha asociación sen ánimo de lucro. O concepto procede da experiencias das Radio Libres en Italia e en Francia que comezan a súa andadura nos anos 70.

O término Radio Libre é un sinónimo, máis ou menos, do término Radio Comunitaria, sendo Radio Libre un término que se refire a un tipo de práctica desenvolvida especialmente en Europa. Estando o término radio comunitaria máis estendido en América Latina ou a nivel internacional (ver AMARC:
Asociación Mundial de Radios Comunitarias). En canto ao compoñente libertario das Radios Libres, moitas delas teñen un sesgo libertario bastante acusado. Hainas máis definidas e outras só se intúe.

Nos Estados Unidos está a histórica
Free Radio Berkeley, fundada en 1993. Berkeley foi un dos epicentros do movemento contracultural dos 60-70. Os yippies teñen algunha experiencia de radio-emisión durante aquela época. Entre os fundadores de Free Radio Berkeley está Stephen Dunifer, activista histórico do movemento de radios libres naquel país. Esta radio caracterizouse por achegar a tecnoloxía ao movemento de radios libres (serviron para axudar a crear micro-radios e a ensinar a fabricar os seus propios emisores, antenas, etc).

Nos Estados Unidos a Federal Communications Commission (FCC) chegou a pechar mais de 400 micro-radios, entre elas moitas radios libres como a Steal this Radio de Nova York en 1998. Probablemente o lugar do mundo no que o movemento de radios libres está máis activo é América Latina, especialmente en Brasil e en México .

En
México unha das primeiras radios foi KeHuelga, que iniciou as súas emisións durante as folgas da UNAM. Naquel país hai bastante represión e as radios emiten en FM con equipos de moi pouca cobertura, por iso multiplicáronse as radios que transmiten por internet.En Arxentina podemos destacar o exemplo de FM A Tribo de Bos Aires. E en xeral no resto de Latinoamérica temos decenas de exemplos de radios comunitarias, que ofrecen a súa cobertura aos movementos sociais, os sen-terra, indígenas, e para os barrios das cidades.
Europa é o continente no que o movemento está máis consolidado, habendo radios de referencia en bastantes países, especialmente en Europa occidental.

Caso aparte merécese Italia, país no que floreceron numerosísimas radios e que se converteu en moi poucos anos no país que máis radios libres tivo. Os antecedentes radiofónicos das Radios Libres italianas remóntanse ao bienio 1968-1969 cando o grupo Danilo Dolci constrúe un emisor clandestino que situa en Partinico (Sicilia) e transmite programas denunciando as infames condicións de vida das habitantes de Belia. Nos 70 o movemento esténdese, a resultas da enorme presión social, e empezan a aparecer radios impulsadas por diferentes grupos (ecologistas, autónomos, demócrata-cristiáns, radicais...). Entre novembro de 1974 e Xullo de 1976 aparecen máis de 700 radios locais (non todas libres). En 1978 contabilízanse 1.637. En 1979 hai xa unhas 2.500. Destaca a experiencia de
Radio Alice de Bolonia, que se converte nun dos referentes do movemento.

Na actualidade, pasado xa o auxe daqueles tempos, e tras varios periodos de represión, destacan
Radio Blackout de Turín e Radio Onda Rossa de Roma (aínda que segue habendo bastantes por toda a xeografía italiana).

No resto de Europa as radios aparecen máis con "contagotas". Sendo moitas veces impulsadas por organizacións, como Radio Libertaire de Parides. Noutros lugares vincúlanse ao movemento okupa, como Radio de Vrije Keyser de Holanda e a historica Radio Patapoe. En Grecia Radio 98fm.No Estado español a definición de Radio Libre tómase como referencia o "Manifesto de Villaverde": (Manifesto acordado polas Radios Libres do Estado español que participaron nos encontros de Villaverde 1983 en Villaverde-Madrid-España). A primeira radio libre foi Radio Maduixa de Granollers, que iniciou as súas emisións en 1977. Seguiulle Ona LLiure de Barcelona en 1979, que foi pechada dúas veces pola policía.Outras radios pioneras, creadas ao comezo dos 80, foron Radio Paraíso de Iruña, Txomin Barullo de Bilbao, A voz da experiencia de Radiocadena do water de Madrid... Destas primeiras experiencias de primeiros dos 80 continuan funcionando Radio Pica, Ala-Bedi, Eguzki Irratia, Radio Klara.En 1987, os mossos de escuadra pechan e requisan Radio Pica, a Generalitat dá a escusa de que facían interferencias ao aeroporto (o que era falso e foi demostrado no xuízo posterior) nese momento nace unha nova fornada de radios libres en toda Iberia, como Radio Bronka de Barcelona, Irola Irala Irratia de Bilbao, Zintzilik Irratia de Renteria, Radio Elo de Madrid, Onda Vorde de Zaragoza (clausurada pola policía).O movemento continua e nos 90 nacen Radio Contrabanda de Barcelona e Radio Topo de Zaragoza, e en Bilbao xente que provén de varias radios libres pechadas agrúpanse e crean Tas-Tas Irratia.

Actualmente o movimento parece que discretamente volve rexurdir, unha mostra diso son:
-
Radio Activa de Alcoi
-
Radio A Mistelera de Denia
-
Radio Filispim de Ferrol
-
Radio Malva de Valencia
-
Araio Irratia de Zarautz

Esperamos que esta nova fornada creza e consolídese, e que o movemento de radios libres tanto no estado español como no resto do mundo sirva para axudar a transformar a realidade xa que son unha ferramenta dos movementos sociais. Poucas radios sobreviven se non hai nada detrás. De momento, deixámosvos algúns recursos útiles:
-
Documentación técnica
- Radios Libres de EuskalHerriak
- Enlaces varios

14 dezembro, 2006

Rádio FilispiM vese obrigada a cambiar de dial, do 93.0 ao 93.9 FM.

O colectivo O.P.A.I.I.!!! celebra o vindeiro venres 15 de decembro unha festa de presentación do que será o novo punto do dial para as emisións da emisora libre e comunitaria Rádio FilispiM. A cita será no local da Fundaçom Artábria de Ferrol, barrio de Esteiro, Rúa Batallóns(ao lado da Casa do Patín) a partir das 22:00 horas. Na festa, os integrantes do colectivo cultural e radial agasallarán aos asistentes con diverso material impreso co novo punto de dial, sendo esta actividade amenizada pol@s pinchadiscos da Rádio FilispiM.
A emisora Rádio FilispiM comezou as súas emisións no 93.0 da FM o 27 de agosto de 2005, dende o estudo "metro cadrado", no Ateneo Ferrolán. Dende entón colaboran con ela diversos colectivos sociais e culturais da comarca, realizando os seus propios espazos radiofónicos, así como persoas que a título individual enchen agrella da radio libre e comunitaria da comarca con propostas ben diversas.
A recente publicación do novo Plano Técnico de F.M, fixo que a asemblea do Colectivo OPAII!! - Rádio FilispiM, acordara o cambio do punto das súas emisións no dial, pois o citado Plano Técnico anuncia que na zona de Ferrol a licencia para emisións no 93.0 da FM (no que actualmente emite Rádio FilispiM) sairá a concurso en breve para unha radio privada máis.
Dende o colectivo se lembra que existe unha campaña a nível estatal pra intentar que as administracións recoñezan e reserven licenzas de emisión para os medios de comunicación que non son nin de titularidade pública nen privada, como é o caso de Rádio FilispiM, que se enmarca dentro do terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.
Actualmente, a lexislación estatal española en materia de telecomunicacións, non recoñece aos medios comunitarios, polo que estos non poden optar a títulos habilitantes (licenzas), xa que os concursos para optar aos mesmos van dirixidos en todo caso ás radios de titularidade pública ou privada. Por esta razón proxectos do terceiro sector (radios libres e comunitarias) coma Rádio FilispiM, non pode optar a concesión de licenzas, con todo o que esto implica (que non é pouco). Por mor de todo o explicado, Rádio FilispiM vese obrigada a abandonar as súas emisións no 93.0, pasando, dende o día 15 decembro, a emitir dende o 93.9 da FM.
Finalmente dende o colectivo OPAII!!, se lembra a todas e todos osi nteresados en participaren na grella de Radio FilsipiM, que poden enviar unha proposta de programa radiofónico ao correo da radio:filispina@gmail.com, e obter máis información sobre dela e o colectivo no blog www.opaii.blogspot.com
Grazas pola redifusión deste comunicado. Colectivo OPAII!!.
Ferrol, 13 de decembro de 2006.

28 agosto, 2005

Rádio FilispiM, xa está no ár!!! (emisión en probas)

Detalle do cenario do 1º Conspirando por unha radio libre
Temos o prazer de vos comunicar que o proxecto dunha radio  libre e comunitaria para Ferrol, Rádio FilipiM, iniciado hai agora case un ano e ideado polo Colectivo OPAíí!! (Ondas Para Activación Información Independente ), xa é unha realidade.

Rádio FilipiM comezou as súas emisións en probas no 93.0 da FM o meiodía do pasado sábado 27 de agosto deste 2005. Nas vindeiras semáns os integrantes deste colectivo ferrolterrán (legalmente constituido como asociación cultural) levarán ao cabo os axustes técnicos precisos para a correcta recepción "da filispim".

Como sabedes, Rádio FilipiM (RFM), esta concebida coma unha radio de baixa potencia encadrada dentro do ideario das radios comunitarias e libres habidas no mundo, sen patrocinadores ou intereses ente-empresariais. As súas referencias máis inmediatas son: Rádio Kalimera (Santiago de Compostela), Rádio Piratona (Vigo) ou, mesmo, a CUAC FM, radio universitaria de A Coruña. Os nosos referentes estatais: a U.R.C.M (Unión de Rádios Comunitarias e Culturais de Madrid), entre outros. A todos eles: grazas pola vosa inestimábel axuda!. Agradecementos que fazemos extensivos, a tod@s @s ferrolterráns que colaboraron desinteresadamente para fazer real o proxecto: participando nos festivais "Conspirando por unha rádio libre", as bandas de música locais que cederon a súa música para os cedés recompilatorios.... en definitiva, que colaboraron activamente no autofinanciamento do proxecto da activación da primeira radio libre e comuntaria de Ferrol e comarca que xa é unha realidade!!

En breve teredes máis información ao respeito da presentación oficial do proxecto e da convidación á participación criativa que se avecina. Ao loro! De momento, pedímosvos que nos sintonicedes as emisións en probas e remitades a este mail filispina@gmail.com coas vosas impresións de como chega a "sintonía filispiniana", lugar dende onde sintonizades...

Lembra, Rádio FilipiM xa en probas, no 93.0 da FM.
Colectivo Opaii!!! - RFM, 93.9 FM.



30 setembro, 2004

Os primeiros pasos do Colectivo Opaii!! - Rádio FilispiM


O proxecto de creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol remóntase cara ao mes de novembro do ano 2003. Por iniciativa dalgúns afeccionados á comunicación, e á radio en particular, que coincidiran na etapa máis relevante da radio universitaria do campus de Ferrol, tiveron lugar unhas reunións onde se calibraron a viabilidade e as características dun proxecto desta índole na cidade e a súa área de influencia. Recabouse ampla información de experiencias similares en distintos lugares do mundo e chamouse á participación de individuos involucrados en diferentes colectivos ou a título persoal.

Co fin de consolidarmos a iniciativa, establecimos unhas premisas cara apresentar públicamente o proxecto nunha Asemblea aberta celebrada no Ateneo Ferrolán, o 28 de novembro de 2003. O obxectivo: converter en protagonistas a estimulación da diversidade cultural, a interacción, a experimentación ou a aposta pola autoxestión na procura doutras fórmulas de relación entre comunicador e ouvinte.


Un par de meses despois, seguimos a traballar en diferentes comisións coordinadas a traverso de asembleas periódicas. Adicando cadaquén parte do seu tempo libre e experiencia, nesta primeira fase traballamos na redacción dos Estatutos da Asociación Cultural, soporte legal do proxecto, programando actividades coas que recadar eses primeiros cartos cara o autofinanciamento, ademáis de manter sempre aberto o proxeto mediante contactos persoais con asociacións e colectivos e con iniciativas afíns, da comarca, galegas e estatais (outras emisoras e medios independientes ou mesmo a iniciativa englobadora da contrainformación que constituiu naquel tempo da catástrofe do buque Prestige, o Foro Negro). Sen présas pero sen pausa...

Nunha cidade tan necesitada de motivacións, incentivos, ilusión, novos folgos, veracidade ou vitalidade, Rádio FilispiM (ferrolá desde a súa denominación: a orde naval at full speed, "a toda máquina, a toda velocidade", fora adaptada polos traballadores da zona na expresión "a todo filispín") constitúe un proxecto ilusionante, de cooperación e coordinación entre xentes diversas cun mesmos obxectivos, coma a pretension (
inédita até daquela) da activación da primeira radio libre e comunitaria da Comarca de Ferrol/Trasancos. 

Unha proposta baseada na liberdade de expresión traballada desde abaixo e fundamentada na integración das diversas asociacións, forzas, organizacións e colectivos sociais en pos dun medio de expresión feito por e para a xente, unha canle local digna e independente que dea voz a todol@s que teñen algo que dicir e son ignorados ou utilizados polos medios establecidos
Desde o comezo, as portas ficaron abertas á participación, así que non fiques a ser simples espéctador da construcción deste pequeño/grande soño...

03 abril, 2004

Por que umha rádio livre em Trasancos?


Rádio FilispiM nasce da necessidade dum espaço de livre expressom para todos os colectivos ou individuos que o precisarem e se virem marginalizados nos meios existentes na comarca, nasce para dar a voz aos sem voz, para potencializar e dinamizar a vida e cultura alternativa-revindicativa desta comarca, com umha óptica localista e independente, nom submetida aos particulares interesses de grupos económicos ou de entes públicos.


Diversas experiências noutros lugares da Galiza, demonstram que é possível. Rádio Kalimero em Compostela, Rádio Piratona e Onda Nada em Vigo, Rádio Discolócate em Ribeira ou Cuac FM na Corunha, servem de modelo e ponto de partida à nossa particular aventura. A Asociación Cultural OPAII, ampara esta iniciativa, assim como a vertebraçom de umha rede cultural alternativa local e outras actividades que apostem decididamente polo de aqui.

02 abril, 2004

Que é umha rádio livre?

Que é para nós unha radio livre, que pretendemos ser?. 

As rádios livres, comunitárias, culturais ou alternativas, respondem a experiências de comunicaçom horizontal baseadas na procura de novas fórmulas de relaçom entre comunicador e ouvinte, donde a interacçom, a estimulaçom da diversidade cultural, a experimentaçom ou a aposta pola autogestom, convírten-se em protagonistas fronte ao patrocínio institucional ou de influentes corporaçons. Justificam a sua presença nas ondas de acordo ao direito fundamental de liberdade de expressom. O espectro radioeléctrico é património comum da humanidade, sendo a única atribuiçom que corresponde ao Estado, neste sentido, o de administrá-lo com critérios de igualdade e justiça.

01 abril, 2004

1er festival Conspirando por unha radio libre (08/04/2004)

Cartaz da mítica primeira edición do Conspirando por unha radio libre, que deu un importante apoio ao Colectivo Opaií! canto a activazón da radio libre e comunitaria Rádio Filispim, 93.9 FM [Ferrol-Terra de Trasancos].

Aquela primeira edizón celebrouse nunha sala da estación de ferrolcarril de Ferrol [A Corunha] un 8 de abril de 2004 [xoves "santo"], acudindo perto de 400 persoas, o que supuso un estupendo espaldarazo para a merca dos equipos técnicos, conseguindo o Colectivo Opaií! cumprir un dos seus principios fundacionais: autofinanciarse.

Todos os grupos e solistas que actuaron naquela edición executaron unhas estupendas actuacións e tocaron desinteresadamente apoiando a idea. En agradacimento a el@s, aquí van os nomes d@s artistas e bandas: Miguel Alonso, Óscar Fernández e Serxio Ces, Funky Brewster and the Karma Business Band, Loom, Window Pane e La IV Guerra Mundial.

Conqueridos os equipos técnicos necesarios [alta e baixa frecuencia], así como un local cedido polo Ateneo Ferrolán, Rádio Filispim comeza a emitir en agosto de 2005, conquerindo o Colectivo Opaíí!! ACTIVAR a primeira emisora de carácter libre [sen patrocinadores públicos e privados] e comunitaria [participación activa dos colectivos socias] de Ferrol/Terra de Trasancos.


Video: pequena montaxe realizada do I Conspirando por unha Rádio Libre (8/4/2004)
Related Posts with Thumbnails