Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

14 dezembro, 2006

Rádio FilispiM vese obrigada a cambiar de dial, do 93.0 ao 93.9 FM.

O colectivo O.P.A.I.I.!!! celebra o vindeiro venres 15 de decembro unha festa de presentación do que será o novo punto do dial para as emisións da emisora libre e comunitaria Rádio FilispiM. A cita será no local da Fundaçom Artábria de Ferrol, barrio de Esteiro, Rúa Batallóns(ao lado da Casa do Patín) a partir das 22:00 horas. Na festa, os integrantes do colectivo cultural e radial agasallarán aos asistentes con diverso material impreso co novo punto de dial, sendo esta actividade amenizada pol@s pinchadiscos da Rádio FilispiM.
A emisora Rádio FilispiM comezou as súas emisións no 93.0 da FM o 27 de agosto de 2005, dende o estudo "metro cadrado", no Ateneo Ferrolán. Dende entón colaboran con ela diversos colectivos sociais e culturais da comarca, realizando os seus propios espazos radiofónicos, así como persoas que a título individual enchen agrella da radio libre e comunitaria da comarca con propostas ben diversas.
A recente publicación do novo Plano Técnico de F.M, fixo que a asemblea do Colectivo OPAII!! - Rádio FilispiM, acordara o cambio do punto das súas emisións no dial, pois o citado Plano Técnico anuncia que na zona de Ferrol a licencia para emisións no 93.0 da FM (no que actualmente emite Rádio FilispiM) sairá a concurso en breve para unha radio privada máis.
Dende o colectivo se lembra que existe unha campaña a nível estatal pra intentar que as administracións recoñezan e reserven licenzas de emisión para os medios de comunicación que non son nin de titularidade pública nen privada, como é o caso de Rádio FilispiM, que se enmarca dentro do terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.
Actualmente, a lexislación estatal española en materia de telecomunicacións, non recoñece aos medios comunitarios, polo que estos non poden optar a títulos habilitantes (licenzas), xa que os concursos para optar aos mesmos van dirixidos en todo caso ás radios de titularidade pública ou privada. Por esta razón proxectos do terceiro sector (radios libres e comunitarias) coma Rádio FilispiM, non pode optar a concesión de licenzas, con todo o que esto implica (que non é pouco). Por mor de todo o explicado, Rádio FilispiM vese obrigada a abandonar as súas emisións no 93.0, pasando, dende o día 15 decembro, a emitir dende o 93.9 da FM.
Finalmente dende o colectivo OPAII!!, se lembra a todas e todos osi nteresados en participaren na grella de Radio FilsipiM, que poden enviar unha proposta de programa radiofónico ao correo da radio:filispina@gmail.com, e obter máis información sobre dela e o colectivo no blog www.opaii.blogspot.com
Grazas pola redifusión deste comunicado. Colectivo OPAII!!.
Ferrol, 13 de decembro de 2006.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails