Detalle do cenario do 1º Conspirando por unha radio libre |
Rádio FilipiM comezou as súas emisións en probas no 93.0 da FM o meiodía do pasado sábado 27 de agosto deste 2005. Nas vindeiras semáns os integrantes deste colectivo ferrolterrán (legalmente constituido como asociación cultural) levarán ao cabo os axustes técnicos precisos para a correcta recepción "da filispim".
Como sabedes, Rádio FilipiM (RFM), esta concebida coma unha radio de baixa potencia encadrada dentro do ideario das radios comunitarias e libres habidas no mundo, sen patrocinadores ou intereses ente-empresariais. As súas referencias máis inmediatas son: Rádio Kalimera (Santiago de Compostela), Rádio Piratona (Vigo) ou, mesmo, a CUAC FM, radio universitaria de A Coruña. Os nosos referentes estatais: a U.R.C.M (Unión de Rádios Comunitarias e Culturais de Madrid), entre outros. A todos eles: grazas pola vosa inestimábel axuda!. Agradecementos que fazemos extensivos, a tod@s @s ferrolterráns que colaboraron desinteresadamente para fazer real o proxecto: participando nos festivais "Conspirando por unha rádio libre", as bandas de música locais que cederon a súa música para os cedés recompilatorios.... en definitiva, que colaboraron activamente no autofinanciamento do proxecto da activación da primeira radio libre e comuntaria de Ferrol e comarca que xa é unha realidade!!
En breve teredes máis información ao respeito da presentación oficial do proxecto e da convidación á participación criativa que se avecina. Ao loro! De momento, pedímosvos que nos sintonicedes as emisións en probas e remitades a este mail filispina@gmail.com coas vosas impresións de como chega a "sintonía filispiniana", lugar dende onde sintonizades...
Lembra, Rádio FilipiM xa en probas, no 93.0 da FM.
Colectivo Opaii!!! - RFM, 93.9 FM.
Nenhum comentário:
Postar um comentário