Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

27 janeiro, 2014

Novas Locais. A Pegada dos Avós, presentación en Ferrol do documentario de Xosé Abad.


Tempo de información local en Radio Filispim.

O pasado venres 24 de xaneiro, no local da Fundación Caixa Galicia de Ferrol, acudimos á presentación do documentario “A pegada dos Avós” de Xosé Abad

A historia é a que segue: un grupo de adolescentes de A Coruña comezan a afondar no pasado dos galegos, así coma no propio... e xorden as preguntas. Ao descubrir historias tan incribles coma as acontecidas na Guerra e pos-Guerra Civil, coma a da mugardesa Amada García, comezan estes adolescentes a afianzar unha conciencia sobre o acontecido tras o golpe de estado franquista coma tamén sobre a persecución que están a ter as persoas que seguen a buscar respostas, experiencia que sen dúbida lles vai quedar marcada de por vida.

Xosé Abad, director do documentario, foi tamén o quen levou ao cabo “O Segredo da Frouxeira", un outro filme que trata á represión franquista na nosa comarca.

Por outra banda, o luns 27 de xaneiro celebrouse, coma todos os anos organizado pola asociación memoria histórica democrática, a homenaxe a Amada García, muller fusilada no Castelo de San Felipe, apenas tres meses despois de dar a luz a Gabriel, neno que levou no ventre durante o seu perido de cautiverio no Castelo.

Subliñar as dificultades para levar a cabo un traballo destas características nun momento de crise coma a que vivimos. Parte dos fondos necesarios foron recadado a través de crowfunding.

Escoitamos o acontecido durante a presentación en Ferrol do traballo documental "A Pegada dos Avós".  Ouvimos, por orde de entrada, a Lucía, estudante do Instituto de Ensinanza Secundaria de A Coruña; Gabriel, fillo de Amada García (que emocionado non pode articular case verba) e a Xosé Abad, director do documentario.

Un saúdo de Miguel Castro, para os informativos locais de Radio Filispim.



Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails