O Apalpador e os trasnos |
O Apalpador e o Exército Rimbombante dos Trasnos e Trasnas Elegantes, pasaron polos informativos de Rádio FilispiM, cargados de castañas ben quentiñas e moitos agasallos para a rapazada galega. Unha das súas trasnas falou para nós en exclusiva mundial. Traen unha máxica mensaxe para todas as nenas e nenos de Trasancos! Non perdas o audio...
Lembramos algunhas das visitas que o Apalpador fará na Comarca de Ferrolterra:
- O sábado 21 de Nadal. Nadal na Lareira, no Local da Veiga de Naraío (San Sadurniño). A partir das 18:00 h. da tarde, obradoiro de panxoliñas e cantos de Nadal con Vai Rañala Meu. As 19:30 h. do serán, visita do Apalpador, con lambetadas para as crianzas. As 21:00 h., continúa a festa cunha grande foliada libre e petiscos de balde. Organiza Asociación O Castelo de Naraío.
- Luns 23 de Nadal. A partir das 17:00 h. O Apalpadore chega a Ferrole, cunha Ruada espectacular. Partirá de Batallóns, decorrerá por Esteiro, Recimil, Porta Nova, Rúa Galiano, Praza do Concello, Rúa Dolores, Praza Amboaxe, Rúa Real, regresando á Praza de Armas. Organiza a Asociación Artábria. Colabora Concello de Ferrol.
Xoves 26 de Nadal. A partir das 18:00 h. Ruada con partida do CC do Alto do Castiñeiro, Narón. Organiza Semente de Trasancos. Colabora: Concello de Narón.
Boas Festas a todas e todos!!!
Peza musical utilizada: Cantiga do Apalpador (Malvela)
Debuxo Apalpador (detalle): Leandro Lamas
Nenhum comentário:
Postar um comentário