Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

19 dezembro, 2024

Informativos, 19/12/2024


Informativo de Rádio FilispiM, 19/12/2024
Sumario:
  • Crónica da Manifestación contra ALTRI, do pasado domingo 15 de decembro en Compostela. Máis de 100.000 persoas contra a contaminante macrocelusosa que a Xunta de Galicia quere instalar en Palas de Rei (Lugo), con toneladas de verquidos químicos no Río Ulla. Nolo conta unha testemuña da xornada reivindicativa, Antía Cortizas.
  • Umha empresa de Elche, Greene, e a ferrolá Recinor constrúem umha planta de valorizaçom de resíduos industriais nom aproveitaveis en As Somozas. Dim que vam a tratar 40.000 toneladas deste resíduos. Falan verbo desta nova, Lupe e Inacio, na sección "Noticias Dialogadas".
  • "Eu tivem um sonho", un alegato a favor da mobilidade humana asinado por Edu Comochoconto.
  • María Teresa Bustamente Fernandez (Maite Bustamente), avogada especializada en estranxeria, e Presidenta da Asoc. de Emigrantes de Galicia, estivo esta pasada fin de semana no CC de Canido. Falou da nova normativa sobre migrantes que entrará en vigor en maio de 2025. Inacio Caranza estivo alí, e nolo conta.
  • Chega o Apalpador! cargado de castañas ben quentiñas e moitos agasallos para a rapazada galega. Unha das súas trasnas falou para este informativo en exclusiva mundial. Trae unha máxica mensaxe para todas as nenas e nenos de Trasancos!
  • Ademaís, lembramos algunhas das visitas que o Apalpador fará na Comarca de Ferrolterra:
- O sábado 21 de Nadal. Nadal na Lareira, no Local da Veiga de Naraío. A partir das 18:00 h. da tarde, obradoiro de panxoliñas e cantos de Nadal con Vai Rañala Meu. As 19:30 h. do serán, visita do Apalpador, con lambetadas para as crianzas. As 21:00 h., continúa a festa cunha grande foliada libre e petiscos de balde. Organiza Asociación O Castelo de Naraío de San Sadurniño.

- Luns 23 de Nadal, segunda feira. A partir das 17:00 h, o Apalpadore chega a Ferrole, cunha Ruada espectacular.Partirá de Batallóns, Esteiro, e continuará por Recimil, Porta Nova, Rúa Galiano, Praza do Concello, Rúa Dolores, Praza Amboaxe, Rúa Real, regresando á Praza de Armas. Organiza a Asociación Artábria coa colaboración do Concello de Ferrol. Xoves 26 de Nadal.

Xoves 26 de Nadal. A partir das 18:00 h. Ruada con partida do CC do Alto do Castiñeiro en Narón.

  • Despedimos con música. O noso compañeiro Joaquín Enríquez nos achegará unha cantiga de Nadal, con letra de Antón Cortizas, voz de Lucía Pérez e música do propio Joaquín.
Condución/edición: pequenomonstro.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails