Informativo de Rádio FilispiM, 12/12/2024
Sumario:
Montse Fraga, ASPANEMI (Narón), fala do Día Internacional da Discapacidade e do seu fillo Brais.
Chamado á participación na convocatoria da CIG, o 12 de decembro en Ferrol, pola defensa das pensións.
“ALTRI NON! Nem eiquí, nem em Madrid”. Informa Edu “Comochoconto”, dende Radio Raposeira.
Noticias dialogadas: “Umha volta sobre resíduos e reciclagem”. Da man de Lupe e Inácio.
AXENDA: Libros e música na Fundaçom Artábria. Presentación do libro “Runrún” de Ana Varela, clube de leitura e concerto de “Exquisitos Ghipes de Merda”.
AXENDA: Galiza con Palestina. Ferrol e Pontedeume, vindeiro luns 16 de decembro, ás 20h, diante dos concellos.
AXENDA: Concerto de Adrian Timms no Cuerda Floja (Ferrol) o vindeiro venres 13 de decembro, ás 21h. Como despedida, ficamos cunha das súas pezas musicais.
Condución/edición: Ana Lucecú
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Nenhum comentário:
Postar um comentário